Fitofaladoiriño

O Fitofaladoiro repetiu actividade este ano tamén co alumnado miudo. No IES recibimos o alumnado de 6º de Primaria que visitou as instalacións para coñecer o seu futuro centro e aproveitamos para ensinarlles algunha cousiña sobre as plantas de paso que visitabamos o xardín de aromáticas e os invernadoiros. Tamén repetimos visita o CEIP de Nadela en Lugo esta vez con 1º de Primaria para falar das propiedades mediciñais das plantas e das flores e polinizadores coa colaboración de Ramón Díaz Varela da USC. Como parte da experiencia elaboramos con eles unhas sales de baño con oleato de caléndula e flores e folla de lavanda. Por último o día 18 recibimos a visita á biblioteca dos máis miudiños do cole de Castro para contar contos, e tamén coñecer un pouquiño sobre as flores nun acto organizado polo equipo da biblioteca.