Árbores, quen é quen?

Comeza o curso académico 2017-18, e de seguida chegou o outono e o noso IES encheuse de follas de árbores...

Iniciamos o Proxecto Fitofaladoiro cunha proposta traballada desde o equipo de Biblioteca para xogar a coñecer e descubrir o nome en galego de árbores frecuentes na nosa contorna. Alexandra Cabana deseñou o material deste concurso, no que se presentaban mostras das follas de árbores a identificar así como láminas nas que aparece representada gráficamente a árbore coas súas características morfolóxicas máis salientables.

Contamos cunha elevada participación do alumnado de 1º, 2º da ESO, 3º PMAR e 2º de FP Básica, no que sobresaiu o traballo do alumnado de PMAR.