Fitofaladoiro e autismo

No Fitofaladoiro tivemos un colaborador maravilloso que se chama Carlos, que nos impresionou coa súa facilidade para empregar clases visuais de morfoloxía de follas de plantas así como a súa capacidade de observación. Grazas a él, a Paula e tamén a Pepita, aprendimos un pouquiño sobre a forma de percibir o mundo nunha persoa con autismo.

Con Carlos e Paula elaboramos un vídeo sobre as tarefas a desenvolver no Fitofaladoiro, no marco do día mundial de concienciación sobre o autismo (2 de abril) que podedes ver neste enlace: https://www.youtube.com/watch?v=p1KpA1hYMmI&t=4s

Tamén participou en varias clases de botánica coa FP Básica e nos obradoiros de xabóns co seu grupo de 1º da ESO. Podedes ver un dos seus debuxos sobre o Liquidambar así como algúns dos pictogramas que elaborou Paula sobre a actividade Botica e obradoiros de xabóns.