O teatriño das plantas

Dado que neste centro educativo implantouse neste curso académico o proxecto TEI Titoría entre iguais do que forman parte o alumnado de 1º ESO (titorizadas/os) e 3º de ESO (titoras/es), pensouse que unha obra de teatro conxunta era unha boa actividade de inclusión e coñecemento do alumnado. Se ademais as protagonistas da obra eran especies vexetais podía ser unha contribución para divulgar o coñecemento sobre as plantas dentro do proxecto Fitofaladoiro. Nesta orixinal proposta son as plantas as que falan, as plantas dannos información sobre sí mesmas. Con esta proposta preténdese ademáis:

-Afondar no coñecemento do entorno natural.

-Divulgar o coñecemento en relación co entorno natural.

-Familiarizarse co nome científico das plantas.

-Poñer en valor a diversidade lingüística en relación cos nomes comúns das plantas.

-Fomentar o valor da cooperación.

O resultado deste traballo será representado por parte de 67 alumnas e alumnos de 1º e 3º de ESO o día 20 de xuño. Agardamos con impaciencia!!!

Un estrato do guión para a representación da obra cuxos ensaios se levan a cabo na hora de titoría (coincidente para todos os grupos) amósase a continuación:

Buxo

Non sei por que lle das entrada a este intruso. Non forma parte deste ecosistema.

Ao contrario deste, eu medro moi a modiño.

Non perdo as follas no inverno. Por iso o meu nome científico é Buxus sempervirens.

E son moi lonxevo!!!

Sanguiño

Está aquí o das gaitas!! Din que as gaitas de buxo teñen moi boa sonoridade!!

Buxo

A miña é unha das madeiras máis densas das que medran neste bosque, de cor mareliña, moi valorada para escultura e tornaría.

Humanos presentadores/xurado

A categoría das árbores está moi reñida!

Agora damos paso ao vixente campión deste concurso...o Teixo!

Teixo

Eu son o Taxus baccata

Humanos/presentadores

O que?

Taxus bocata?

De boas gañas comería agora un de xamón!!

Teixo

Eu podo calmar a túa fame coa parte carnosa dos meus froitos.

O resto do meu ser é todo velenoso.

Humanos/presentadores

Como? Es unha árbore velenosa?

Herbasia

Claro que o é. Conta a tradición que cando o Emperador Augusto conquistou Galicia, os antergos galegos resistiron no Monte Medulio, e preferiron suicidarse, bebendo auga na que coceran follas de teixo, antes que entregárense á dominación romana.

Humanos/presentadores

E para que podemos querer logo, unha árbore tan malvada?

Teixo

Eu son a única conífera ventureira desta terra. Podo vivir na sombra e chego a vivir miles de anos.

Escóitame ben, pequeno humano: eu podo dicirche cantos anos levo aquí, se os invernos foron fríos ou cálidos, de onde veñen os ventos do norte, se esta terra é fértil e pobre.”