Exposición de Ilustracións botánicas

Emulando ós botánicos e en particular, ás mulleres botánicas que a partir do século XVII fixeron contribucións moi significativas neste campo de coñecemento, coa identificación, recopilación e ilustración de diferentes especies de plantas, o alumnado de primeiro de bacharelato dirixido pola súa profesora Pilar Pavón elaboraron unhas ilustracións sobre flores da Flora de Galicia presentes na comarca da Terra Chá. O resultado de varios meses de traballo está xa exposto no hall do IES, felicidades a tod@s polo traballo. Velaquí algunhas fotos do día da montaxe da exposición. Xa temos dispoñible un vídeo coas ilustracións no canal de youtube, podedes velo neste enlace: https://www.youtube.com/edit?o=U&video_id=QnhaCiee5cU



De forma complementaria a esta exposición exponse nun dos taboleiros información sobre a evolución da ilustración botánica e exemplos de láminas debuxadas por mulleres que fixeron contribucións moi significativas nesta disciplina desafiando os roles e costumes da súa época. Amosamos así o traballo de Jeanne Baret, Jane Colden, Elizabeth Blackwell, Sibylla Merian, Alida Withoos, María Moninckx, Anne Pratt, Lydia Shackleton, Marianne North, Margaret Flockton, Harriet Isabel Adams e Margaret Mee. Poderíamos falar doutras botánicas ilustres como Blanca Catalán de Ocón, considerada a primeira española que fixo investigación botánica (http://mujeresquehacenlahistoria.blogspot.com.es/2010/09/siglo-xix-blanca-catalan-de-ocon.html).

Agora xa podedes ver o vídeo sobre esta parte da exposición sobre mulleres botánicas: https://youtu.be/3_egkqU_P2I

Velaquí vos deixo un par de enlaces interesantes sobre estas botánicas así como a evolución da ilustración botánica: