Expo medrando no lugar errado...

Nesta exposición presentamos algún exemplos de plantas arvenses ou adventicias frecuentes na nosa contorna, das que desexariamos coñecer o nome en galego. Soen coñecerse comunmente como malas herbas, aínda que como di a canción de Enrique Bunbury “Mala hierba, sólo hierba en mal lugar”.

Como guías desta exposición a imaxinación de Francisco Legaspi concebiu dúas personaxes: Herbasia (sanadora) e Herbasio (albeite) que representan o coñecemento tradicional ancestral sobre as plantas. Grazas a María Lombao (4º ESO) e Quique Villamarín, estas personaxes cobran vida e aparecen representadas xunto coas láminas espertando a nosa curiosidade sobre as propiedades e utilidades das plantas .

Desde a perspectiva científica cando falamos de plantas arvenses referímonos a especies xeralmente de porte herbáceo, que se desenvolven de forma espontánea nos terreos cultivados e en entornos perturbados pola actividade antrópica. Esta definición abrangue especies autóctonas, é dicir propias da flora de territorio, así como invasoras de procedencia exótica. Dende unha perspectiva agronómica e económica son especies non desexadas, pois interfiren cos cultivos ó competir pola luz, nutrintes, auga e espazo físico, disminuindo a productividade. Algunhas son capaces de emitir sustancias alelopáticas que perxudican o correcto desenvolvemento dos cultivos.

O ÉXITO BIOLÓXICO DAS ESPECIES ARVENSES

As especies arvenses compiten ventaxosamente respecto ós nosos cultivos grazas a diferentes mecanismos biolóxicos:

-A elevada producción de sementes, así como a súa prolongada viabilidade, fácil dispersión e longo periodo de latencia.

-Gran adaptabillidade a diferentes condicións ecolóxicas

-Crecemento rápido

-Son pioneiras, colonizando espazos de forma moi rápida.

-Moitas destas especies tamén se reproducen exitosamente de forma vexetativa mediante estolóns, rizomas, tubérculos…

Desde o punto de vista de conservación da biodiversidade e do manexo ecolóxico, as especies arvenses son interesantes como reservorio xenético e pola súa contribución ó equilibrio dos agroecosistemas ó actuar como refuxio e alimento da fauna útil. Tamén nos informan das características dos nosos solos, e con frecuencia teñen algún uso mediciñal e/ou culinario.

LISTADO DE LÁMINAS EXPOSTAS

A Universidade de Navarra ten un herbario dixital de flora arvense que podes consultar no seguinte enderezo:

http://www.unavarra.es/herbario/htm/inicio.htm

Neste enderezo podedes acceder o total de láminas escaneadas das Tablas CIBA-GEIGY de malas hierbas, de Ernst Häfliger & Josef Brun-Hool (1968-1976). Ed. Ciba-Geigy, Basle, Suiza. Guía Gey PDF

A continuación amósase enlaces a Wikimedia commons para consultar exemplos de imaxes para as especies desta exposición.

Amaranthus retroflexus

Anagallis arvensis

Atriplex hastata

Calystegia sepium

Capsella bursa pastoris

Centaurea cyanus

Chelidonium majus

Chenopodium album

Colchicum autumnale

Conyza canadensis

Digitaria sanguinalis

Erodium cicutarium

Fumaria officinalis

Galium aparine

Geranium molle

Lamium purpureum

Malva sp.

Mercurialis annua

Myosotis arvensis

Oxalis pescaprae

Papaver rhoeas

Plantago major

Polygonum persicaria

Portulaca oleracea

Prunella vulgaris

Ranunculus arvensis

Raphanus raphanistrum

Rumex acetosa

Rumex obtusifolius

Sinapis arvensis

Solanum nigrum

Trifolium repens

Urtica dioica

Verbena officinalis

Veronica persica

Vicia sativa

Xanthium strumarium