Lingua galega

Durante o 2º e 3º Trimestres do curso 2016/2017, realizáronse actividades relacionadas co Fitofaladoiro nos dous cursos de 1º ESO coa profesora Susana Guerra Rubal. Estas actividades estruturáronse nas seguintes fases:

1. A profesora explicou na clase os contidos teóricos relacionados cos dous tipos de texto xornalístico escollidos para a elaboración dos traballos: a entrevista e a reportaxe.

A continuación, e a título individual, cada alumno/a realizou unha serie de exercicios de tipo práctico para aprender a técnica e as características deses tipos de texto.

2. Elección, por parte do alumnado voluntario, do tipo de traballo que ía realizar. En 1º ESO-A 6 alumnos/as escolleron entrevista e 6 alumnos/as escolleron reportaxe. En 1º ESO-B 10 alumnos/as escolleron entrevista e 5 reportaxe.

3. Busca da/s persoa/s informante/s, así como das plantas ou arbustos sobre as que o alumnado ía realizar o traballo. Cada alumno/a cubriu unha ficha e os informantes asinaron a autorización para seren gravados e para facer uso desa información.

4. Co alumnado que decidiu facer a entrevista, fíxose na clase unha selección de “preguntas-tipo”. Logo desta tarefa, realizada individualmente, fíxose unha posta en común e cada alumno/a escolleu ou seleccionou un mínimo de 10 preguntas para o seu traballo.

5. Co alumnado da reportaxe fíxose un traballo de busca e selección de información en Internet.

Vos deixamos o link para que podades consultar algúns dos traballos tan interesantes que se fixeron:

https://drive.google.com/open?id=0B66RICxiKNjgLTVOM2cwek1fWm8