Viaxe ó CEIP Manuel Mallo Mallo

O mércores 24 de maio co noso Fitofaladoiro viaxei ata o CEIP Manuel Mallo Mallo (Nadela) en Lugo invitada pola profesora Fefa Vázquez, titora de 6º de Infantil. Tiven a sorte de contar cun alumnado con moitas ganas de aprender cousas sobre botánica e plantas mediciñais e realizamos un obradoiro no que debuxaron algunhas das especies presentes na contorna e herborizaron follas de árbores autóctonas. Foi unha experiencia moi gratificante, desde aquí reitero o meu agradecemento pola invitación, a ver se repetimos a experiencia no futuro. Deixo o vídeo que elaborei sobre este traballo: https://www.youtube.com/watch?v=C89ztFFRmtQ

Como sorpresa fixéronme entre todos un bonito agasallo: un cuaderniño con debuxos feitos por eles sobre a natureza e unha foto de grupo, canto me gustou!