Nosos maiores

O pasado venres 19 de maio recibimos a visita duns maiores da nosa comarca que viñeron dispostos a falarnos de plantas nunha pequena charla na que participaron o alumnado de 1º ESO A, B e 2º ESO A cos seus profesores. Desde aquí reiteramos o noso agradecemento a Jaime e Pilar que viñeron desde Moncelos (Abadín), Serafín da parroquia de Mondriz (Castro de Rei, así como a Bernardino por poñernos en contacto con eles. Velaquí unhas fotos para lembrar esta xuntanza.