Fitofaladoiro

Falamos dos nomes en galego das plantas?

Benvid@s ó proxecto: Uso de novas tecnoloxías da información e comunicación para a integración do coñecemento local sobre a paisaxe vexetal da Terra Chá

O Fitofaladoiro é un programa cooperativo para o fomento e divulgación do coñecemento da biodiversidade vexetal de Galicia e dos seus nomes. Entre os seus obxectivos fundamentais destaca o fomento da participación activa do alumnado na procura do coñecemento local, permitindo que a comunidade educativa tome conciencia da biodiversidade vexetal de Galicia e do seu valor, que se contribúa a documentar o saber popular relacionado coas plantas que existen no seu contorno, así como o fomento do uso da lingua galega. Máis info na páxina web do programa: http://fitofaladoiro.eu/.

A Terra Chá é unha comarca rural, cunha historia moi ligada a actividade agraria, o que deixou unha forte impronta no medio e permitiu a conservación dun importante patrimonio cultural e a súa biodiversidade. Estamos no corazón da Reserva da Biosfera de Terras do Miño, da que a Unesco recoñeceu a importancia dos seus valores naturais e culturais, e no noso territorio contamos co espazo protexido Ladra-Parga-Támoga declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN).

Nesta proposta, os alumn@s sodes os verdadeiros protagonistas da aventura, vos invitamos a que investiguedes, a que aprendades dos vosos familiares, amigos, maiores do pobo... e que compartades con toda a comunidade educativa a sabiduría sobre as plantas que medran no voso contorno. Cantos máis vos animedes a participar máis resultados obteremos. Desexamos que esta experiencia sexa todo un éxito!!!!

O profesorado implicado na proposta 2017 foi o seguinte por orde alfabética: Paula Abelleira, Julia Amado, Victor Burgo, Elías Cabana, Silvia Calvo, Nilo Carballal, María Ferreiro, Miguel Freire, Susana Guerra, Francisco X. Legaspi, MªTeresa López, Beatriz Mundiña, MªPilar Pavón, Xosé Pérez Cancio e José Reija. Desde aquí aproveitamos para animar o resto de profesorado e alumnado a que participe nesta aventura, sodes todos moi benvidos.

Este curso académico 2017-2018 contamos cun equipo integrado por docentes de disciplinas moi diversas, o que contribúe a unha aproximación interdisciplinar á hora de desenvolver o proxecto. Os docentes participantes son por orde alfabética : Sharay Astariz Nuñez, Mª Paz Balseiro Amido, Benito Buide del Real, Alexandra Cabana Outeiro, Silvia Calvo Iglesias, Elba Cancio Villamarín, Silvia Gil Fojaca, Francisco Legaspi Díaz, Mª Teresa López Fernández, Mª Pilar Pavón Mauriz, Elisa Peña Vázquez, Xosé Pérez Cancio e David Toural Rodríguez. Tamén seguimos contando co apoio do departamento de Agraria para a recolección de información sobre os nomes das plantas , grazas en especial a Nilo Vázquez e Xosé Ramón Gómez pola colaboración desinteresada.

Rematamos o curso co recoñecemento do colectivo Xermolos pola nosa actividade, premiando o traballo realizado cos maiores por parte do alumnado de 2A e 2B coas súas titoras Elisa e Paz. Moitos parabéns a tod@s!

Contacto:

Coordinadora: Silvia Calvo

email: docenciafpbasica@gmail.com

Dirección do IES da Terra Chá José Trapero Pardo:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesdaterracha/

email: ies.terra.cha@edu.xunta.es

Blog do IES da Terra Chá:

http://iesdaterracha.blogspot.com.es/