Tempo de lectura

"Habría que inventar pedazos de tiempo libre para que uno pudiera compraral mismo tiempo que un libro.El vendedor entregaría el libro y el tiempo necesario para leerlo" Julio Córtazar.

Para que este Proxecto Lector sexa eficaz tamén hai que determinar e favorecer non só o lugar senón tamén o momento no que se van a desenvolver esas prácticas lectoras.

  • Biblioteca

    • A biblioteca deberá abrir o maior número posible de horas non só en horario de mañá senón tamén polas tardes, ou sexa mentras haxa a posibilidade de que esté aberta.

    • Así a bilioteca estará a disposición dos usuarios como lugar de lectura durante a xornada lectiva pero tamén fora dela.

    • En horario de clases estará a disposición do alumnado cando así o considere necesario o profesor correspondente, na hora de recreo, nas horas libres pero tamén fora do horario escolar (do grupo respectivo, por exemplo en horario de mañá para o alumnado de adultos) como se fose unha biblioteca pública ou un punto de lectura municipal.

  • Aula

    1. En primeiro lugar, por suposto, cada docente ou o profesor de garda correspondente ten a posibilidade de determinar libremente que momentos pode adicar á lectura.

    2. Pero ademáis temos introducido no horario académico , e agardamos mantelo no futuro, a chamada “hora de lectura semanal”, cun horario deseñado polo coordenador do Proxecto Lector para todos os niveis da ESO, feito proporcionalmente ó número de horas lectivas da cada materia. Deste xeito unha materia de tres horas lectivas semanais adicará un mínimo de tres horas ó longo de todo o curso a realizar có seu alumnado a hora de lectura.

    • Esta hora de lectura será libre a non ser que o profesor correspondente teña elaborada algunha actividade de lectura relacionada ou non coa súa materia.

    • Permítese calqueira tipo de lectura que se poida atopar na biblioteca de aula ou na propia biblioteca, xa proceda desta ou da casa. Este criterio pode parecer pouco claro ou arbitrario, pero se fixo necesario para responder ás cuestións plantexadas polos docentes e polo alumnado sobre se valía calqueira tipo de lectura. A discusión xiraba entre outros aspectos en torno a se se podían ler xornais e revistas.

    • O criterio establecido por nós é que non se poidan ler xornais pero si revistas educativas ou cun contido educativo, poñendo como exemplo aquelas ás que está suscrita a biblioteca.

    • Considerouse tamén pertinente aclarar que nesta hora de lectura o alumnado non deberá realizar deberes ou traballos académicos nin estudar.

  • Fogares

Haberá que facer traballo divulgativo sobre as bondades da lectura e o importante que é que todos os rapaces e rapazas adiquen unha mínima parte da súa xornada na casa á ler, como xa dixemos anteriormente, en calqueira formato, e calqueira tipo de documento, incidindo como decimos neste documento no importante que é non só para a súa formación académica senón tamén para o seu desenvolvemento e enriquecemento personal.