Implicación das familias

Como vimos anteriormente as familias son fundamentais á hora de conseguir motivar ós seus fillos, e un xeito de conseguilo é mediante o exemplo. Como reza esta campaña os nenos fan o que ven facer ós seus pais. Evidentemente non só a eles, tamén ó entorno máis próximo, os compañeiros, os profesores, ...

O que temos que ter claro é que na educación se trata de sumar esforzos e sobre todo remar na mesma dirección.

O hábito e a práctica lectora van ter lugar fundamentalmente fora da aula, e así é a casa un dos ámbitos onde a lectura deberá ser máis valorada e fomentada.

Iremos recopilando as direccións ou os documentos nos que se poida axudar ás familias a colaborar nesta tarefa.

Por exemplo temos esta guía elaborada pola xunta de Andalucía.