4. Busca de información nos documentos.

Nesta cuarta sesión o alumnado terá que localizar de novo documentos na biblioteca pero tamén extraer información do seu interior.

Haberá catro actividades diferentes para cada curso da ESO, deseñadas cun carácter de progresiva dificultade, de tal xeito que:

    • os alumnos non repetirán a actividade dun ano a outro (salvo que estén repetindo)

    • a actividade de 1º da ESO terá unha dificultade inferior á de 2º da ESO e así progresivamente.

O alumnado dividirase en grupos de 4 membros cada un, e se lles entregará unha ficha para cubrir na que aparecerán cinco cuestións nas que deberán buscar información. Nas actividades do 1º ciclo da ESO intentamos que a información esté nun só documento, mentras que no 2º ciclo o alumnado pode que tenga que buscar a información en dous ou tres documentos diferentes.

Estas actividades están deseñadas para documentos que se atopan na nosa biblioteca e se faltase algún documento a actividade quedaría coxa. Neste caso o profesor podería sustituir a busca por algún documento semellante ou directamente orientar ós alumnos con algunha pista. Pero para que esto non suceda antes de comezar esta actividade (non antes da actividade con cada grupo, senón na semán anterior á actividade 4, xa que normalmente todos os grupos fan a actividade nas mesmas datas) é convinte que os colaboradores da biblioteca revisen os fondos para comprobar que todos os documentos se atopan ou que polo menos hai sustitutos dos que extraer a mesma información.

A continuación temos dous exemplos destas actividades:

2º ESO

4º ESO

Como en actividades anteriores cando un grupo remate a súa ficha se lle entregará outra ficha diferente, tendo como obxectivo atopar o maior número posible de respostas correctas.