Clubes de lectura

Neste curso académico realizamos por segunda vez unha convocatoria de "Clube de lectura" satisfeitos polo resulatdo acadado no pasado ano.

    • A actividade consiste en xuntar a un grupo de alumnos e profesores e emplazalos a facer unha lectura trimestral, nun ritmo fixado polo grupo e que irá acompañado de polo menos tres sesións de seguimento, posta en común e debate sobre esas lecturas.

    • O resultado da convocatoria desbordounos. Houbo máis de 40 alumnos interesados polo que tivemos que desdoblarnos en tres Clubes de lectura distintos, agrupándoos por niveis académicos.O grupo máis numeroso é o de alumnos de 1º da ESO. Sígueo o grupo de alumnos de 2º da ESo e por último fixemos un grupo máis heteroxéneo con alumnos de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato.

    • A sesión final de cada trimestre ten un desenvolvemento diferente, xa que ademáis da posta en común facemos unha sesión de videoforum con algunha película axeitada á temática do libro ou algunha actividade semellante.

A modo de exemplo neste curso 2009-2010, no terceiro clube de lectura citado, "O burato dos libros" nos organizamos do seguinte xeito:

    • 1º Trimestre: Lectura de "El baile" de Irene Nemirovski. Reunímonos tres veces durante o trimestre e rematamos nunha 4ª sesión para ver a película "Diarios de la calle", xa que no debate ademáis da propia historia da novela xurdiu o tema da vida da escritora e a súa similutude coa vida de Anna Frank.

    • No 2º Trimestre limos a novela de Domingo Villar "A praia dos afogados". Neste caso a derradeira sesión consistiu nunha visita á comisaria de policia de Viveiro, na que se nos ensinou o xeito de traballar da policia, acompañada dunha sesión práctica impartida polo encargado da Policia científica.

    • No e3º Trimestre, debido ó éxito da novela anterior, escollimos a novela "Asasinato no Orient Express" de Agatha Christie, e a defrradeira sesión realizouse co visionado da película baseada nesta novela.

Cada membro de cada un dos clubes de lectura ten un carnet de socio có que podería obter algunhas ventaxas no uso da Biblioteca.

Tamén temos un blog do clube de lectura aínda que por diversas circunstancias neste curso non tivo o uso do curso anterior.