5. ¿Onde buscar?

Nesta actividade faremos unha busca de información semellante á anterior pero buscando en 4 seccións distintas da biblioteca, ordenadores, enciclopedias en castelán, enciclopedias en galego e o resto dos documentos.

Un exemplo de cuestións pode ser este:

Cada grupo se encargará dunha destas seccións e cubrirá unha ficha coas respostas atopadas. Posteriormente faremos unha posta en común reflexionando sobre en que tipo de documentos se atopa maior ou mellor información sobre cada asunto. O profesor dirixirá o debate apoiado no solucionario das preguntas.

Pretendemos ensinarlle ó alumnado que non hai que contentarse con buscar nun tipo de soporte determinado, senón que cada problema esixe unha reflexión sobre onde se atoparía a solución.

Deste xeito veremos que para a información de actualidade só internet (ou os xornais) ofrecen unha correcta información. Pero a pesar da tremenda cantidade de información que ten este medio as veces hai que acudir a documentos impresos como libros específicos, enciclopedias ou atlas para solucionar problemas concretos.