Coordenación do proxecto

As suxerencias do coordenador para o seguimento do proxecto do Proxecto Lector é a seguinte, e deberá ser discutida tanto na CCP como nos distintos departamentos e se é necesario nun claustro.

Hai dúas posibilidades de coordinar e promover a elaboración, posta en marcha e seguimento deste Proxecto Lector.

    1. A través da Comisión de Coordenación Pedagóxica (ou dunha comisión creada dentro dela)

    2. Nunha comisión externa á CCP. Nesta comisión que debería contar cun número de membros que xiraría en torno a dez, debería haber representantes (no posible) dun variado espectro de materias e niveis educativos: ESO, bacharelato e FP; ciencias, letras, técnicas;…

Esta comisión debería ocuparse de analizar o grado de cumplimento deste Proxecto Lector aportando, de xeito constructivo, recomendacións e suxerencias sobre a forma de levalo a cabo, ademáis de ofrecer todo un abano amplo de actividades que se poideran levar a cabo en todas e cada unha das materias.

Esta proposta deberá estudarse nos distintos departamentos.