Aula

Temos que integrar a lectura no uso habitual da práctica docente:

    • Empregar textos (de calqueira tipo) nas nosas explicacións e no traballo da aula, textos que ademáis de informativos deberían ser seleccionados para que fosen atractivos dentro do posible.

    • Deberíamos fomentar dentro da nosa materia a lectura de libros, revistas ou fragmentos de textos que poidan completar o aprendido en clase. Pero ... !Non podemos mandar lecturas en todas as materias¡ ¿Como podemos optimizar as lecturas sen saturar ó alumnado?:

    • Debemos coordinarmos os departamentos para “compartir” lecturas ou aproveitar as lecturas doutros departamentos. Seguro que se pode escoller un libro de literatura castelá ou galega con temática medioambiental e que poderíamos usar na asignatura de Ciencias naturais. Que se necesita? Simplemente coordinación previa, ou sexa falar os docentes antes de redactar a programación.

      • Seleccionar ben os textos a ler para que os alumnos disfruten deles e non o vexan como un castigo. A temática xuvenil, cun neno como protagonista, cos problemas típicos da súa idade, aínda que sexan de trasfondo, provocan normalmente unha reacción emotiva positiva no alumnado.(Sería fundamental para a coordenación con outros departamentos que cada materia elaborara unha listaxe dos libros aplicables na súa materia, listaxes que por certo é moi doado atopar en internet ¡Falade có responsable da biblioteca!)

      • Promover e non obrigar este tipo de lecturas. Por un lado é convinte non dar unha lista pechada de libros de lectura, senón darlle a escoller ós alumnos unha lectura ou máis entre unha listaxe, de a lo menos 10 libros, que haxa na biblioteca do centro para que eles poidan escoller o que máis lle poida interesar. Por outro lado tamén podemos estimular a lectura voluntaria, reservando unha parte da nota trimestral para os que lean os libros suxeridos, dende unhas décimas ata un ou dous puntos, a decisión é do docente.

      • Estas lecturas poderían completarse cos comentarios individuais e coa posta en común, a través por exemplo dun blog, o que pode producir un “efecto chamada” na dinámica da clase, ó mesmo tempo que pode permitirlle ó profesor facer un seguimento da lectura, da comprensión e da satisfacción obtida por parte do alumnado, convertíndose nunha ferramenta máis de avaliación, sen ter que recorrer ó típico exame da lectura ou ó engorroso (para eles) traballo sobre o libro.

      • Para todo o anterior formouse en cada aula, por suposto en colaboración coa biblioteca, unha pequena biblioteca de aula con aquelas lecturas recomendadas ou suxeridas por avaliación. Esta exposición é temporal e hai que levar un control dos seus movementos e facerse responsables colectivamente da permanencia da colección.

    • Estableceuse unha hora de lectura semanal ó longo de todo o ano en todas as materias da ESO e 1º de Bacharelato.

Dous xeitos de "ler" en clase...