Entorno

A escola, neste caso o instituto, non pode traballar a prol do hábito lector sen contar co entorno máis próximo do alumnado. É necesario involucrar e colaborar có entorno dos nosos estudantes para que a nosa tarefa se vexa complementada no exterior do centro. Neste aspecto hai varios frentes que podemos abrir:

    • A familia debe colaborar na promoción da lectura diante do alumnado, por un lado fomentando (non obrigando) o hábito lector do seu fillo. Un bó camiño sería valorizando de xeito positivo as lecturas que estes realicen, comentándoas con eles e mesmo compartíndoas. Todas estas indicacións ou recomendacións, así como as que seguen, deberían ofrecérselles ás familias dos alumnos na xornada de acollida ós pais por parte dos titores ou ben do equipo de xestión da biblioteca.

    • Fomentar a lectura entre os propios pais e irmáns dos alumnos para que o entorno lector sexa máis propicio á actividade o alumno. Esto sería posible con actividades como por exemplo a apertura da biblioteca á familia dos alumnos como se ve reralizando neste curso na apertura da biblioteca os sábados no marco do plan valora, ou fomentando o seu uso polas tardes. Outra posibilidade é a posta en circulación das chamadas mochilas viaxeiras, mochilas nas que se coloca unha selección de libros, cd’s, dvd’s ou revistas o máis variada posible para que poidan interesar ós alumnos e as súas familias. É unha forma de promover os fondos da biblioteca e o seu disfrute entre o entorno do alumnado.

    • Por outro lado se poderían abrir cauces de colaboración e posta en común coas bibliotecas dos centros educativos dos que proceden os alumnos e cós que en ocasións estes poden manter algún tipo de relación. O noso centro podería deste xeito proseguir o camiño aberto polos centros de primaria.

    • Sería necesario tamén establecer cauces de comunicación coas bibliotecas públicas do entorno xa que poden ser un bó complemento das lecturas ofrecidas no noso centro ou viceversa. Mesmo poderíamos acudir, se fose posible, o préstamo interbibliotecario para aqueles casos nos que fose necesario mercar moitos volumes dun determinado libro. Trataríase de optimizar recursos para facilitar que os nosos alumnos poideran acceder ás lecturas desexadas.

    • Por suposto tamén sería necesario difundir dende o centro (o blog da biblioteca sería unha ferramenta importantísima) as actividades culturais, e sobre todo as referidas á lectura, que se desenvolvan no entorno: conferencias, teatro, cine,...