Lecturas por áreas

Unha das maneiras de fomentar o hábito da lectura por parte do profesorado ou os departamentos e facer unha selección crítica dos libros (ou outros documentos) que o alumnado pode usar para reforzar a súaaprendizaxe. Crítica que se ten que basear non na calidade do documento senón na idoneidade do seu uso por parte do alumnado: atractivo, doada comprensión, suxerente, motivador,...

No noso centro hai algúns departamentos que xa están a realizar esa selección a través de blogs específicos. Un exemplo poden ser os seguintes blog's:

Blog "Libros de música" do Departamento de Música.

Blog's "Novela histórica" e "Cine e Historia" do Departamento de CCSS

En concreto nestes dous últimos casos os blogs teñen ademáis a finalidade de ofrecerlle ó alumnado as fontes para dúas actividades que teñen que realizar de xeito obrigatorio ó longo do curso de 4º da ESO de CCSS, un é a lectura trimestral dunha novela histórica que se corresponda có periodo estudado e outro é o visionado mensual dunha película histórica tamén do periodo que se esté a estudar en cada momento do curso. En ambos casos nos respectivos blog's, os documentos seleccionados están clasificados precisamente en función desas etapas históricas e constan dun breve resume orientativo así como información sobre a relevancia do documento e outra información anexa en forma de "hipervínculos".

    • As lecturas ou visionado desos documentos aspira a ser motivadora e polo tanto non haberá un exame nin traballo sobre ela, limitándose o profesorado a ter constancia da lectura e reflexionando de xeito conxunto (alumnado e profesorado) sobre esos documentos, a través dun debate e posta en común.

    • Pero tamén se valorarán academicamente, constando na programación do curso a súa baremación e avaliación, os traballos suxeridos de ampliación sobre esos documentos ou ben a lectura ou visionado voluntario de libros ou películas a maiores das prescritas como obrigatoiras, tanto do s fondos da biblioteca como doutro orixe, biblioteca propia, proxeccións no cine ou na TV,...