Compensación social

Os centros educativos teñen unha finalidade compensatoria de desigualdades económicas, culturais e de calqueira outro tipo, do mesmo xeito que as Bibliotecas. Imos centrarnos precisamente nestas últimas.

    • Non todo o mundo pode mercar ou simplemente acceder ós documentos que nun momento dado pode precisar ou desexar consultar ou ler. Para eso se crearon precisamente as bibliotecas, como lugares accesibles, gratuitos, atractivos e dotados dunha boa selección documental para que todo aquel que o precisase poidese acudir a el.

    • Polo tanto será necesario como dixemos anteriormente que a biblioteca sexa o máis variada e versátil no tocante ás fontes de información de que dispoña. Hai que ofrecerles a aqueles que non o poidan ter na casa ou a quen lles resulte difícil conseguilos, non só libros (¡non todo o mundo pode mercar os caros best-sellers que cada mes ou ano aparecen nas librerías!), senón tamén a posibilidade de acceder ás películas ou documentais que non se poden mercar, ou ter acceso a internet, ou simplemente a un ordenador para facer un traballo.

    • Polo tanto a biblioteca deberá ter un espazo nos seus fondos adicado, non só a documentos de carácter académico, senón tamén a outros documentos que resulten importantes para que todo o mundo teña acceso á “cultura”, entre os que podemos incluír libros e películas de éxito (sempre cun mínimo de calidade esixible) e por suposto todas aquelas peticións ou suxerencias que os “nosos clientes” realicen.

    • Hai que atender ás súas peticións o máis dilixentemente posible como política fundamental de captacións de clientes. ¡Cantos libros se compran nunha biblioteca que non se abrirán xamáis! Precisamente por eso, se sabemos que un libro vai ser lido, xustifícase a súa compra.

    • A biblioteca debe coñecer, e estar en contacto, con outras bibliotecas ou centros culturais do entorno, para complementar e nunca suplantar as asúas actividades e funcións.

    • No noso caso, o noso alumnado procede de lugares cunha baixa oferta bibliotecaria e de lectura. Ou ben dun entorno rural (Galdo, concello de O Vicedo), ou ben dun pequeño núcleo urbano (Celeiro, O Vicedo), nos que a oferta é claramente deficitaria. O noso traballo polo tanto deberá ser completar no posible esa oferta, ampliándoa tamén ós seus pais.

    • A biblioteca non pode ser só un elemento enriquecedor e animador da vida escolar, senón tamén da extraescolar, por suposto, sendo extensible á comunidade escolar no seu sentido máis amplo.