A Biblioteca de aula

Neste curso académico 2009-10 puxemos en marcha en todas as aulas da ES, PCPI e 1º de Bacharelato a Bibllioteca de aula, para a que foi precisa a inversión en mobiliario e a dotación de fondos para esas aulas.

    • En canto ó mobiliario mercouse un moble estantería de tres baldas para cada unha destas aulas.

    • A dotación-tipo de fondos para esta biblioteca de aula é de en torno ós 50 documentos. Por suposto hai un dicionario de cada unha das línguas que se estudan nestos cursos: galego, castelán, inglés e se o precisa francés, latín e grego. Tamén hai un Dicionario enciclopédico e un atlas xeográfico.O resto dos documentos en préstamo intenta ser o máis variado posible, habendo obras de narrativa, poesía e comics en todos os idiomas, pero tamén monografías (cun marcado carácter divulgativo) e revistas atrasadas pero con alto valor informativo.

    • Estos documentos se prestan a principio de curso e son para a consulta na aula, aída que tamén se pode realizar o préstamo para casa acudindo á Biblioteca para que esta leve o control dos documentos.

    • O moble acompáñase dun inventario dos documentos cuia revisión se fará a final de curso, tendo que facerse cargo o grupo, de xeito colectivo, de calqueira deficiencia que se notase neses documentos.

    • Cada tres meses se fai unha revisión dos fondos có alumnado para observar se hai algúns libros que xa foron lidos e proceder ó cambio por novos documentos.

    • A xestión desta biblioteca de aula queda encomendada ó Titor do grupo coa colaboración dos axudantes da Biblioteca.