Aula

Como dixemos na clase os alumnos deben ler, pero tamén deben realizar actividades que promovan e faciliten a comprensión do lido: posta en comun, resume, cuestións,...

    • A lectura acompañada da posible consulta a un diccionario, unha enciclopedia ou un atlas facilita a compresión dos textos lidos. Para eso faise necesaria unha boa biblioteca de aula.

    • Son necesarias actividades que acompañen á lectura, tales como facer un resume do lido, un esquema, responder a determinadas cuestións. Poderíamos comezar por actividades de suliñado ou de selección das ideas máis importantes dos textos. Todo esto nun principio podese acompañar dunhas preguntas que orienten ó alumnado a centrarse nestas ideas importantes do texto.

    • Aquelas lecturas (libros) obrigadas ou voluntarias deberían ir seguidas dunha actividade de reflexión e comprensión do lido. Por exemplo está o consabido traballo de resume ou análise do libro. Pero hai outras formas eficaces de comprobar se a lectura se produxo e para detectar o nivel de comprensión do mesmo. A máis importante sería a posta en común que pode facerse a través dun debate ou usando as novas tecnoloxías, por exemplo, colgando os comentarios nun blog, creando un foro virtual sobre esas lecturas. Por suposto tamén se podería coordenar determinadas actividades con outros departamentos como dixemos anteriormente: plasmación nun collage ou debuxo a idea que o texto lles suxeriu ó alumnado,...

    • Realización de traballos de investigación breves (un tema ou un trimestre) ou longos (traballo de curso) no que o alumnado deberá buscar, seleccionar e tratar a información para responder ó reto plantexado polo docente ou polo equipo docente (no caso de que este traballo poidera ser interdisciplinar).