Hora de lectura

A "Hora de lectura" implantouse de xeito provisional no curso 2008-9 e asentouse definitivamente no curso 2009-10.

    • Participan nela todos os grupos da ESO, PCPI e 1º de Bacharelato do Réxime de diurno.

    • Consiste en adicar cada semán (como mínimo) unha hora de lectura en cada grupo e có profesor que lle corresponda segundo o horario establecido para ese efecto e que se corresponde coa carga horario de cada materioa ó longo do curso.

    • Os detalles do funcionamento desta actividade xa están explicados noutro apartado deste plan.

    • Sinalar que todos os alumnos de todos os grupos teñen unha axenda elaborada na biblioteca para que adiquen os derradeiros cinco minutos de cada sesión a reseñar brevemente a lectura realizada.Esta axenda queda na aula e será recollida ó final do curso polo coordenador do Plan Lector para usalo como ferramenta de avaliación da actividade.