1 Introducción: A biblioteca.

Nesta actividade ensinarémoslle ó alumnado como funciona e como está organizada a biblioteca e o funcionamento da CDU.

    • Despois dunha breve explicación teórica ensinaremoslle todo o proceso de rexistro e catalogación dos documentos, rematando coa ubicación dun documento no seu estante.

    • Tamén dun xeito breve explicaremos os tipos de documento que hai e cales son as súas partes, centrándonos fundamentalmente nas partes dun libro. Apoiarémonos nesta explicación no panel informativo e en exemplos concretos de cada tipo de documento.

    • O final da actividade será a entrega ó alumnado dun plano da biblioteca para que eles sinalen as principais partes e zonas da biblioteca así como a situación das distintas materias nos estantes mediante un código de cores. Este plano o deberán completar na casa e traer o seguinte día da actividade.