Obxectivos do Proxecto Lector

1. Creación de lectores competentes.

Hoxe non basta con saber ler. O noso mundo é un mundo no que a información nos invade e desborda. Hai que saber o que se lé, ou sexa que transmite no fondo este ou aquel texto, quen o fixo e porque, se é verdadeiro ou non o que se nos conta...

Hoxe aparece un novo tipo de analfabeto, non é o que non sabe xuntar as letras e descodificar un texto escrito, senón aquel que non é capaz de ir máis alá da supèrficie da escritura, ou sexa o que como dixemos non entra no fondo (ou fondura) do texto escrito e polo tanto é incapaz de responder a estas cuestións fundamentais:

    • ¿Que dice o texto?

    • ¿Quen o escribiu?

    • ¿Para que se escribiu?

    • ¿En que contexto?

    • ¿É verdadeiro o que se nos conta?

    • ...

Hai un termo que define todo esto. Non basta con saber ler. Hai que dominar tamén a "literacidade", é dicir o que hai detrás dos textos escritos.

Nos, os docentes, temos que combatir (entre outros) un enemigo terrible que dificulta a nosa tarefa educativa: o tremendo exceso de información á que teñen acceso os nosos alumnos e a desinformación ou (informacións incorrectas) que enchen esa morea de información: TV; Prensa e por suposto Internet.

¿Como? Mediante as destrezas coñecidas como ALFIN ou Alfabetización informacional. (Se queredes saber algo máis sobre o que é esto, pinchade aquí)

Para eso temos que incidir tamén en saber dotar ó noso alumnado dunhas correctas destrezas de busca de información para que no día de mañá sexan capaces de entender correctamente o complexo mundo no que nos toca vivir.

2. Crear e consolidar hábitos de lectura.

Temos que conseguir que os cidadán do futuro sexan capaces de ler por placer e que non o entendan como unha carga pesada. Referímonos non só á lectura literaria, senón á lectura en todo tipo de formatos e de calqueira tema.

O noso exemplo e os incentivos que sexamos capaces de transmitir ós novos lectores (en combinación con outros elementos do entorno: sociedade, familia, institucións, ...) poden crear esa valoración positiva do hábito lector que durará cando abandonen a súa etapa de estudante.