Entorno

Deberemos entregarlle ó alumnado actividades que o alumno poida realizar de xeito autónomo para conseguir este obxectivo e tamén ofrecerlle asesoramento á súa familia para que poida realizar actividades orientadas ou acompañadas polos pais, irmáns,...

    • A forma sería realizar un dossier cunha selección de materiais, xogos, cós que o alumnado podería traballar na casa autonomamente ou coa familia.

O alumnado debe ser autónomo, aínda que tamén podería haber (dentro do posible) asesoramento por parte dos pais, cando menos cando se está a manexar fontes de información potencialmente perigosas como é a web.

Estamos tamén a elaborar unha selección de páxinas con consellos para que os pais poidan protexer ós seus fillos dos perigos da web: páxinas con contidos inadecuados, perigos que acechan en internet (pederastia, ...) ou mal uso da rede (redes sociais perigosas, entregar datos persoanis, fiarse de usuarios descoñecidos,...). Crearemos no blog da Biblioteca un espacio adicado a este efecto e iremos engadindo nesta web os recursos que vaiamos atopando.

Botádelle unha ollada a esta excelente publicación estadounidense en pdfe en castelán, na que se explica moi claramente o que temos que saber dos perigos de internet, percibir actitudes sospeitosas e como actuar.

Un exemplo: