Biblioteca

A Biblioteca do IES María Sarmiento ten un blog que centraliza as actividades e a información xenerada pola devandita biblioteca.

    • A Biblioteca ocupa un lugar central en todas as actividades de fomento da lectura e creación ou sostemento do hábito lector no alumnado. A Biblioteca ofrece asesoramento en todo o referente ás actividades, metodoloxía e seleccións documentais que os docentes ou departamentos necesiten para a súa actividade.

    • A biblioteca ten que ser o gran fondo de recursos para este tipo de actividades de lectura, poñendo a súa disposición, en colaboración cós departamentos e co equipo directivo, unha parte do seu orzamento para dotarse dos fondos necesarios.

    • A biblioteca en suma pode colaborar neste proceso da seguinte maneira:

      • Existencia entre os seus fondos das lecturas recomendadas ou obrigatorias, garantizando o seu acceso ó alumnado.

      • Axudará ós departamentos na procura e selección dos fondos axeitados para cada materia: catálogos editoriais, zonas de búsqueda, coñecemento personal,...

      • É un espazo axeitado para a lectura xa sexa en horas programadas e adicadas a ese fin en clase ou nas horas de titorías da ESO ou de xeito ocasional nas horas libres do alumnado, fora do horario lectivo,...

      • A Biblioteca xestiona os préstamos e devolucións a través do programa do Proxecto Meiga o cal ofrece tamén a consulta do catálogo on-line.

      • A biblioteca debe adquirir os libros de actualidade e que resulten máis atractivos para que os usuarios acudan directamente cando necesiten ou teñan interés por este tipo de documentos.

    • A biblioteca atenderá deste xeito a todas as peticións de adquisición de fondos (sempre que sexa pertinente e posible) para garantir ó máximo a satisfacción dos seus usuarios.

      • Ó mesmo tempo a biblioteca velará polo equilibrio do fondo documental adquirindo documentos de todo tipo e de temática variada en función do que considere aspectos descuidados do seu catálogo.

      • A difusión dos seus fondos será unha das funcións fundamentais da biblioteca para que estos salgan dos seus estantes e cumplan a súa verdadeira función que é ser usados.

      • O blog e os outros medios de difusión das actividades da biblioteca terán espazos concretos adicados ó fomento da lectura propios ou vencellados ós departamentos.

  • Encontros con autores, conferencias, actuacións teatrais que a biblioteca ou outros departamentos do centro e a dirección se programen durante o curso académico.

      • Deseñar actividades que impliquen a lectura por parte do alumnado como é a formación de clubes de lectura aproveitando as lecturas obrigadas ou lecturas voluntarias que se poden canalizar a través dun blog creado ó efecto.

      • Convocatoria de concursos literarios ou doutro tipo que poidan ser relevantes na tarefa de promover o hábito lector.