2. CDU

Antes de nada recollemos o plano da aula que deberían ter elaborado na actividade anterior e o comentamos brevemente.

A continuación explicamos como está organizada a CDU e onde poden consultar na BIblioteca esta clasificación, tanto a reducida como una versión máis ampla, no corcho adicado a esta función.

A actividade que empregamos para que o alumnado coñeza e comprenda o sistema de clasificación da CDU é a seguinte:

Se lle entrega a cada alumno unha ficha na que terán que clasificar según a CDU unha serie de documentos. Para facelo se lles dará a cada alumno unha copia da clasificación da CDU resumida e se lles indica onde poderán precisar máis esa clasificación.

Os documentos que terán que clasificar serán unhas imaxes variadas e en moitos casos ambigüas para que os alumnos teñan que reflexionar á hora de facer a clasificación.

A cada alumno se lles entregan dúas imaxes diferentes e a medida que as vaian clasificando se lles entregarán novas imaxes.

A actividade remata ós 15 minutos e a continuación pasamos ó Salón de actos, onde cun cañón proxectamos algunhas desas imaxes e facemos unha posta en común sobre esa clasificación.

Neste debate debemos orientar a discusión cara as seguintes ideas:

    • Aínda que pareza dificil todos os documentos deben ser clasificados nalgún lugar.

    • A clasificación deberá ser o máis precisa posible (máis díxitos) xa que senón nun mesmo apartado (por exemplo o 5 ou o 7) habería materiais moi dispares.

    • Hai obxectos que poderían clasificarse en distintos apartados da CDU, e nos temos que decidir cal é o máis correcto ou onde se atoparía de xeito máis doado e polo tanto ser máis útil.

    • Neste último caso, ¿como podemos indicarlle ó usuario que ese documento podería atoparse nunha materia pero ser útil para outra? (por exemplo un libro titulado "A relixión dos vikingos")