Actividades

Como dixemos anteriormente esta actividade se compón de dúas fases por cuestión de tempo.

Nun principio esta actividade era contínua e duraba oito sesións que se desenvolvían no primeiro trimestre. Pero tanto os titores como o Departamento de Orientación queixábanse de que non quedaban libres horas de titoría para outras actividades e polo tanto decidimos reducir a presenza desta actividade no primeiro trimestre e realizar unha segunda parte no segundo trimestre.

    • Na primeira fase temos previsto realizar 4 ou 5 sesións (dependendo do desenvolvemento da actividade) que se centrarán no coñecemento da Biblioteca e do seu funcionamento. A continuación profundizaremos no coñecemento da CDU e a ubicación dos fondos na biblioteca. Por último realizaremos actividades de busca de información dento dos fondos da biblioteca.

    • Na segunda avaliación realizaremos actividades de busca de información a través da rede, e posteriormente compararemos a eficacia desta busca ou da dos documentos da Biblioteca en distintos contextos. Tamén aprenderemos o potencial de busca de documentos a través do catalogo OPAC do Proxecto Meiga. Por último esbozaremos o que debería ser unha actividade a desenvolver polos departamentos, o tratamento da información, iniciando ó alumnado na reseña bibliográfica, organización e ptresentación dos traballos, etc...

Nas actividades que despregamos a continuación, salvo que se indique o contrario, durarán unha sesión cada unha.