Difusión do plan

O Proxecto Lector de centro deberá incorporarse ó Proxecto Curricular do Centro e recibirá o mesmo tratamento que se dunha programación dun departamento se tratase.

    • A súa difusión correrá a cargo da dirección do centro que lle transmitirá ós xefes de departamento a necesidade de adaptarse a este marco de actuación.

    • Pola súa banda os xefes de departamento desenvolveran, dentro dos seus departamentos á hora de elabora-las programación, o xeito de introducir nelas as actividades do Proxecto Lector.

    • Por último será cada profesor o que difundirá entre o alumnado as actividades propias da materia que irán relacionadas con este Plan.

    • O Titor informará con carácter xeral ó alumnado sobre as características deste Proxecto Lector e como lle pode afectar, informando cando sexa necesario das actividades concvretas que se realizarán no marco deste plan como é a hora de lectura semanal.

    • A dirección do centro informará tamén ós pais de que é e como se pon en marcha o Proxecto Lector, pondo a súa disposición ( e de toda a comunidade educativa) este documento a traveso da páxina web do centro e doutros mecanismos como pode ser o blog da biblioteca, o taboleiro principal,…