Biblioteca

A biblioteca ten dúas formas de colaborar activamente no obxectivo de conseguir que o alumnado acade competencia na lectura, a formación de usuarios da biblioteca e a aprendizaxe de destrezas que lles axude a buscar información na maior variedade posible de documentos.

A esto tamén lle poderemos engadir a actividade realizada nos clubes de lectura que se desnvolven no centro.

1. Formación de usuarios. O obxectivo principal é que o alumnado coñeza:

    • A forma en que funciona a biblioteca e os procesos ou mecanismos que a poñen en funcionamento (compra, rexistro, catalogación, clasificación, préstamo e devolución, expurgo,...) debería ser unha actividade obrigatoria para todo o alumnado polo menos unha vez no seu paso polo centro.

    • A forma en que está organizada a biblioteca, atendendo ós estándares internacionais da CDU, e mediante o Proxecto Meiga.

    • Forma de presentar a información nos distintos tipos de documento e a súa estructura, sobre todo no soporte papel.

    • A forma en que se atopa a información en Internet.

2. Busca de información. Deberemos deseñar actividades que axuden ó alumnado a buscar información de xeito eficiente.

    • A biblioteca pode ser o espazo no que o alumnado desenvolva aqueles traballos encargados polo profesor. Para eso o alumno contará cós recursos propios da biblioteca e có asesoramento puntual dos profesores que xestionan a biblioteca.

    • Pero a biblioteca pode ser tamén un lugar onde os alumnos perfeccionen ou simplemente aprendan a buscar información. Como? Mediante as seguintes actividades:

      • Buscar documentos (seguindo de novo a CDU) que lles permitan responder a unhas cuestións moi básicas pero o mesmo tempo moi variadas, nas que teñen ademáis que manexar índices, capítulos e mesmo combinar fontes diferentes.

      • Unha serie de preguntas encadeadas que xiran sobre un tema concreto e que se poden resolver nalgún caso coa busqueda en Internet e noutros só en documentos da biblioteca: libros, enciclopedias, revistas,...

    • Ambas actividades queren servir de exemplo para que calqueira profesor ou departamento considere a posibilidade de realizar actividades semellantes coa súa disciplina e cun cuestionario elaborado por eles.

      • Farase unha actividade concreta de busqueda de información en internet na que se deberían deseñar algunhas actividades trampa nas que o alumno tería que enfrontarse a algúns dos problemas desta ferramenta: demasiada información pouco seleccionada, posibilidade de atopar información errónea ou contradictoria, manexo do inglés,...

    • Usaremos ferramentas de carácter dixital tales como webquest, cazas do tesouro,...

      • Deseñaremos actividades que xirarán explicitamente sobre a lectura comprensiva e na que terían protagonismo os diccionarios normais pero tamén os de sinónimos, frases, etimolóxicos,...

      • O traballo coa prensa como unha ferramenta moi práctica á hora de abordar o problema da lectura comprensiva, xa que xunta temas de actualidade que podemos coñecer por medios de comunicación masivos como a TV, a radio ou a propia prensa e nos que ademáis podemos comparar distintas formas de conta-la mesma realidade. Para eso dispoñemos na biblioteca da suscripción a 5 xornais ademáis dos recursos propios de internet.

      • Posibilidade de realizar concursos trimestrais ou ó longo de todo o curso que teñan como base a busca de información simple, elaborada ou de resolución de problemas, ó mesmo estilo que concursos que se están a acelebrar noutros centros: preguntón, olimpiada,...

3. Clubes de lectura: o debate e a discusión en grupo en torno ás lecturas destos clubes mellorará a capacidade comprensiva dos seus membros, así como a fomentar a lectura.