8. Busca a través dos blogs.

Nalgúns departamentos estamos a traballar na difusión dos fondos da biblioteca relacionados coas nosas materias, e así o departamento de Xeografía e Historia ten deseñados un blog de "novela histórica" e outro de "cine e historia" onde dun xeito moi visual se presenta unha pequena bibliografía sobre ambos soportes.

Tamén o departamento de Música e o de Ciencias comezaron a facer algo parecido.

Nesta actividade queremos ensinarlle ós alumnos como se pode buscar infromación a través destes blogs pero tamén grazas ó blog da biblioteca.

    • No primeiro caso faremos unha busca dalgúns documentos a través dos blogs destos departamentos con cuestións como estas:

    • No segundo caso lles ensinaremos a tarefa que estamos a despregar no blog organizando e amosando as páxinas web que imos atopando de maior interés dende un punto de vista educativo, parándonos especialmente no uso que facemos de delicious.

A nosa páxina de delicious é o lugar onde imos cargando toda a maraña de información que imos atopando na rede e a que pensamos sería bó que toda a comunidade educativa tivera accceso. Accédese a través do blog da biblioteca. A actividade que temos pensada é que busquen por exemplo fotografías en 360 º, entrando na etiqueta 360º ou buscar as páxinas que hai por exemplo sobre o Imperio romano.