Labels management
(organizando o blog)
As etiquetas son un xeito de clasificación de entradas que permiten ó lector escoller só as entradas que estén relacionadas co tema indicado por cada etiqueta. Por exemplo, nun blog de cociña sería moi aconsellable usar etiquetas do tipo 'entrantes, 'pescado', 'ensaladas', 'arroz', 'pasta', 'carne', 'postres', etc. e así o lector, pinchando na etiqueta que prefira, poderá ler tódalas entradas da categoría escollida.
Para engadir unha nova etiqueta desde a pestaña ‘Crear’, só hai que escribir o nome desa etiqueta na caixa de texto correspondente. Se preferimos asinar esa entrada cunha etiqueta xa existente hai que pinchar en ‘Mostrar todo’ e logo pinchar na ou nas etiquetas que desexemos:
Outro xeito de xestionar as etiquetas é indo a ‘Editar entradas’. Nesta opción da pestaña ‘Creación de entradas’ aparecen listadas todas as entradas creadas; tanto as publicadas coma os borradores. Ademais, tamén se ofrece as etiquetas, a data de creación, o autor e o número de comentarios que ten cada entrada, así coma a opción de suprimir a entrada que seleccionemos.
Na parte esquerda da pantalla temos unha caixa de texto onde podemos escoller a acción a realizar sobre as etiquetas que desexemos (aplicar unha etiqueta xa existente se fora o caso, aplicar unha nova etiqueta ou eliminar unha etiqueta):
O xeito de traballar con etiquetas desde ‘Editar entradas’ é:
1) escoller a entrada ou entradas que se van ver afectadas póla aplicación ou eliminación da etiqueta (o fondo da fila das entradas escollidas pasa a ser de cor amarela);
2) aplicarlle a acción desexada.
As etiquetas de cada entrada aparecen en verde á dereita do título da devandita entrada. Se queremos engadir unha etiqueta nova, aparecerá unha ventá coma esta:
E, unha vez escrita, xá estará disponible para engadila a calquera entrada ou suprimila posteriormente. Soe ser bastante útil ter as etiquetas do blog á vista do usuário. Isto é así porque se pinchamos nunha etiqueta determinada, aparecerán no noso blog aquelas entradas que teñan esa etiqueta asignada. Así, o que estamos facendo é seleccionar a nosa lectura do blog por etiquetas. Polo tanto, só temos que ir á pestaña de 'Diseño' e engadir este elemento de páxina ó noso blog: