Elementos de páxina
(decorando o blog)
Os elementos de páxina son todas aqueles elementos que 'rodean' as nosas entradas. O que os lectores van ver nada máis entrar no noso blog. Eses elementos van desde a barra de navegación ata enquisas, links a outros blogs ou páxinas web pasando polo arquivo do blog, a cabeceira, enlaces de suscripción, etc. etc.
Para engadir, modificar, eliminar ou cambiar de sitio un elemento de páxina, temos que ir á opción 'Elementos de páxina' que está na pestaña de 'Diseño':
Agora, imos trastear un pouco cos elementos de páxina. O xeito de traballar con estes elementos é sempre o mesmo. Hai que pinchar en ‘Editar’ do elemento que queremos modificar; a continuación, aparece unha ventá emerxente coas características propias dese elemento e que podemos modificar. Unha vez que temos o elemento ó noso gusto, pinchamos en ‘Guardar’ e xa temos feitos os cambios que desexamos. Vexamos varios exemplos, primeiro cos elementos que xa nos amosa o blogger por defecto e, despois, engadiremos e xestionaremos novos elementos: editar; modificar; gardar a "acción” e comprobar.
Para cambiar a cor da barra de navegación temos que pinchar onde por 'Editar' dentro da Navbar.
A cor actual da barra de navegación é o azul. Se escollemos o prateado e gardamos os cambios, volvemos á pestaña de ‘Deseño’ e hai un link que nos ofrece ver o blog para comprobar se os cambios que fixemos están ó noso gusto. É aconsellable comprobar que todo está como nós queremos, neste caso comprobaremos que a barra de navegación cambiou de cor negro a prateado. Para iso, temos que pinchar ou en “View blog” ou no “Ver blog” que aparece á dereita das pestañas.
Moitas veces é preferible pinchar co botón dereito no enlace e, de seguido, pinchar en ‘Abrir nunha nova ventá’. O que conseguimos con isto é ter nunha ventá o esquema do noso blog e noutra como se está a ver na bitácora en tempo real. Deste xeito, nunha venta cambiamos o blog por dentro e na outra só temos que actualizar (pulsando a tecla F5 ou Control+F5 ) para verificar se as modificacións se están facendo efectivas.
Agora a barra de navegación xa é prateada.
Fixádevos que na parte superior dereita da pantalla aparece o usuario (facendo.blogs@gmail.com) e os links propios de cando accedemos ó blog como autores (Nueva entrada, Personalizar e Salir).
Para editar a cabeceira, hai que pinchar en 'Editar' dentro do cabeceira. Unha feito isto, podemos cambiar o título do blog, a súa descripción ou podemos incluir ou eliminar a imaxe de fondo da cabeceira:
Sempre que configuremos calquera cousa, podemos modificar todo o que queiramos e tantas veces como queiramos. Se ó final desbotamos todos eses cambios, só temos que pinchar en ‘Cancelar’ ou pechar esta ventá. Se, pola contra, sí queremos gardar os cambios, só hai que pinchar no botón correspondente.
No caso do arquivo do blog (que amosará cantas entradas hai creadas por mes, semana ou dia) axuda bastante o feito de que na parte inferior da ventá hai un cadro coa vista previa do arquivo en función das opcións que imos escollendo para o noso arquivo:
Agora imos incluir na nosa bitácora un elemento dos que non aparecen por defecto. Para iso hai pinchar en “Añadir un elemento de página”, escoller qué elemento ou gadget queremos engadir, deseñar ese elemento ó noso xeito e gardar os cambios.
Fixádevos que debaixo de cada un dos elementos que podemos escoller aparece unha breve descripción do propio elemento por se non temos moi claro a que se refire ese elemento en cuestión. Ademáis, á dereita de cada gadget aparece se é experimental ou se xa está engadido. Os gadgets novos anuncianse con "(Nuevo)" en vermello ó lado do nome de cada elemento de páxina.
Podemos engadir varios elementos do mesmo tipo, é dicir, varias imaxes, varias presentacións, etc. salvo no caso da cabeceira, o arquivo e o perfil. Pode ocorrer que queiramos desplazar algún dos elementos que temos no blog. Para iso pinchamos no elemento que queremos mover e o arrastramos ó lugar onde queremos ubicalo agora.
Fagamos unhas probas.
Así, poderemos xestionar o título desde gadget, vcomo ordenalo e qué mostrar ou non mostrar. Tamén temos unha pequena descripción do que é unha lista de blogs e o link que precisamos para engadir os blogs da nosa lista:
Unha vez introducida a URL do blog que queremos, xa está feito:
Podemos seguir engadindo todas aqueles gadgets que queiramos ó noso blog. A oferta é amplísima e só temos que navegar por 'Lo básico', 'Destacados', 'Los más populares', 'El más reciente' e as distintas categorías de gadgets e escoller o que prefiramos.
Feito isto, os gadgets amosaranse dun determinado xeito. Ese xeito é o que se mostra no esquema de Elementos de páxina:
E no blog aparecerán así:
En caso de querer cambiar esa estructura dos elementos de páxina, só temos que pinchar o elemento que queremos mover e arrastralo ata a súa nova ubicación. Se, por exemplo, queremos que a lista de blogs apareza encima da barra de vídeos só hai que facer iso no esquema e pinchar no botón 'Guardar':
E o cambio realizado xa será efectivo. Para comprobalo só hai que pinchar en 'Ver blog' ou pinchar co botón dereito do rato encima de 'Ver blog' e escoller 'Abrir' ou 'Abrir en una nueva ventana':