Creación de entradas
(o núcleo do blog)
Para crear unha nova entrada, ó acceder ó blog coma autores, temos que pinchar en “Nueva entrada”:
A pantalla que nos aparece, ofrécenos dúas pestañas: ‘Edición HTML’ e ‘Redactar’:
A pestaña HTML a usaremos únicamente para pegar os cachos de código que precisaremos para colgar vídeos, presentacións, música, animacións, etc. Na pestaña ‘Redactar’ será a que usemos para escribir as nosas entradas. Antes de nada, podemos poñerlle título á nosa entrada. Ademáis, podemos engadir un enlace do título nun sitio web:
O campo enlace resulta especialmente útil se a maioría das entradas do blog se refiren a outros artigos e se se quere que no blog aparezan vínculos que enlacen con elos. Para habilitar el campo Enlace, hai que ir a Opciones | Formato ir ata o final da páxina e, en definir Mostrar campo Vínculo, escoller Sí. A continuación, hai que facer clic en Guardar.
Cando comecemos a escribir o contido da nosa entrada podemos utilizar os botóns que están na barra de ferramentas para cambiar a fonte, o tamaño de letra, se queremos introducir texto en negrita ou en cursiva, se queremos escribir algo dunha cor determinada, se queremos introducir un link, se queremos modificar a alineación ou numeración dun texto, se queremos pasar o corrector ortográfico ou se queremos introducir unha imaxe ou un video e mesmo se queremos eliminar o formato.
Para meter unha imaxe dentro da entrada que coa que estamos traballando hai que pinchar en:
Se engadimos a imaxe desde a web, só temos que introducir a súa URL na caixa de texto correspondente. Se queremos engadila dende o noso equipo temos que pichar no botón de ‘Examinar’ e aparecerá unha ventá do Explorador de Windows para que escollamos o archivo que conten a imaxe que queremos amosar. Despois, escollemos se queremos a imaxe á esquerda, á dereita ou centrada; o tamaño da imaxe e se imos usar sempre ese deseño que acabamos de elixir. Pinchamos no botón ‘Subir Imagen’:
E, para rematar, hai que pinchar en ‘Finalizado’:
Moitas veces, ó subir unha imaxe soe descentrar o texto que temos escritoe engadir líneas en branco no que temos escrito. É un pequeno problema de fácil solución. Ademáis, a imaxe aparecerá ó principio da entrada, así que se queredes cambiala de ubicación hai que pinchar enriba dela e arrastrala ata onde queiramos que se vexa.
Para incluir vídeos hai que pinchar no botón indicado, buscar o vídeo que queremos subir, poñerlle título e, se é a primeira vez que se suben vídeos, aceptar as condicións de subida de arquivos:
Desde a pestaña ‘Creación de entradas’ na opción ‘Crear’, tamén poderemos xestionar as opcións de entrada relativas ós comentarios dos lectores e a data e hora da entrada:
Tamén poderemos engadir unha etiqueta a esta entrada ou asignarlle algunha das etiquetas xa existentes:
As etiquetas son un xeito de clasificación de entradas que permiten ó lector escoller só as entradas que estén relacionadas co tema indicado por cada etiqueta. Para engadir unha nova etiqueta desde a pestaña ‘Crear’, só hai que escribir o nome desa etiqueta na caixa de texto correspondente. Se preferimos asinar esa entrada cunha etiqueta xa existente hai que pinchar en ‘Mostrar todo’ e logo pinchar na (ou nas) etiquetas que desexemos:
Se antes de publicar queremos botar unha ollada a como vai quedar a nosa entrada só hai que pinchar en ‘Vista previa’:
Para rematar, unha vez finalizada a nosa entrada, ou se simplemente aplazamos a seu remate, só hai que publicar ou gardar coma borrador a devandita entrada. Se a gardamos (pinchando en 'Guardar ahora'), quedará almacenada coma borrador e non será visible públicamente; mentras que se a publicamos (pinchando en Publicar ahora), a entrada xa se amosará no blog e poderá ser lida por calquera visitante do mesmo:
Se queremos comprobar cal é o resultado na rede da nosa publicación, só hai que pinchar en ‘Ver blog’ ou en ‘en una nueva ventana’:
En caso de que non apareza a nova entrada ou os últimos cambios realizados, é bastante útil pulsar o botón de ‘Actualizar páxina’ do navegador, ou a tecla F5 ou Ctrl+F5.
En caso de querer modificar a entrada recén publicada habería que pinchar en ‘Editar entrada’. Ou se queremos crear unha nova entrada só hai que pinchar en ‘Crear una entrada’.