Fontes e cores
(decorando o blog)
Dentro da pestaña 'Diseño' hai unha opción chamada 'Fuentes y colores'. Neste apartado paderemos cambiar a cor de fondo da páxina, a cor do texto que usamos, a cor dos enlaces, a cor do título do blog, a cor dos bordes, a fonte do texto, a fonte do título do blog, a fonte da descripción do blog, etc. et. etc.
Ademáis, segundo imos escollendo diferentes opcións, na metade inferior da pantalla aparece a vista previa do noso blog, que nos amosa como quedaría éste cos cambios que imos seleccionando:
Hai que ter en conta que cada plantilla de blog permite modificar fontes e cores diferentes; polo que pode ocorrer que nunha plantilla poidamos modificar algo que non é posible se utilizamos outra plantilla distinta. Ademáis, por moitos cambios que fagamos, sempre poderemos recuperar as opcións predeterminadas na plantilla que estamos a usar. Para iso só temos que pinchar en 'Recuperar la plantilla predeterminada':