Hanging animations
(engadindo gadgets que atopamos)
Existen máis gadgets ademáis dos que nos ofrece blogger: reloxos, contas atrás, etc. etc. O xeito de engadilas é idéntico ó que se utiliza cando queremos engadir un video, unha presentación ou unha canción.
Unha vez que temos localizado o gadget que queremos engadir (porque usamos un buscador, porque o atopamos noutro blog, ou polo medio que fora), o seguinte paso é facer doble click no gadget en cuestión. Así abrirásenos a páxina onde está o código HTML que temos que pegar no noso blog para que apareza esa animación.
Por exemplo, no blog http://www.blogoteca.com/xanelacachada/ na parte superior dereita aparece un reloxo.
Se facemos doble click nel, levaranos á páxina http://www.clocklink.com/
Se buscamos 'blog' nesa páxina poderemos ler nun recadro "Special Instructions for BLOG users" Pinchando nese enlace atoparemos as instruccións que temos que seguir para engadir ese reloxo cando usamos o proveedor blogger. Unha vez feito isto, pinchamos na pestaña "Gallery", escollemos o deseño de reloxo que prefiramos e pinchamos en "View HTML Tag" para obter o código que precisamos.
Para facer a búsqueda dunha palabra nunha páxina web é moi recomendable pulsar Ctrl+F e despois escribir a palabra que queremos atopar. Así a búsqueda farase automáticamente e nos evitaremos ler minuciosamente toda a páxina na procura dunha palabra.