A pestaña Deseño
(decorando o blog)
Para por o blog ó noso gusto e que teña o aspecto que queiramos..... ¡¡¡hai que entrar no blog!!!
Ó crear o blog xa accedemos ás pestañas que necesitamos para configurar todos as aspectos implicados no blog. Pero isto só ocorre esta vez. Así que temos que diferenciar dous xeitos de acceso ó blog:
i) podemos
acceder ó blog como lectores, é dicir, coma se non fósemos creadores, como alguén que non ten nada que ver co blog. O xeito de ler un blog é ben sinxelo, hai que acceder a internet e, na barra de direccións, escribir a dirección do blog que queremos ler, por exemplo: http://blogfishx.blogspot.com/; http://www.facendoblogs.blogspot.com/
Fixadevos que cando somos lectores, na parte superior dereita da pantalla do noso blog só temos as opcións 'Crear un blog' e ‘Acceder’:
ii) podemos acceder ó blog como autores. Neste caso, accederemos ó miolo do blog, e poderemos crear, modificar ou eliminar todo o que queiramos. Para entrar coma autores hai que acceder á páxina www.blogger.com e ali, na parte superior dereita da pantalla introducir o noso usuario (a conta de correo de gmail) e o noso contrasinal. Se estamos no noso blog como lectores e queremos entrar como lectores hai que pinchar na palabra ‘Acceder’ que está na parte superior dereita da pantalla, e ese link xa nos leva á páxina do blogger onde introduciremos o noso usuario e contrasinal.
Unha vez que accedemos (editamos) ó noso blog aparece o seguinte panel:
Se vos fixades, por cada blog que esté asociado ó usuario co que entramos anteriormente (pensade que un mesmo usuario poder xestionar varios blogs) as opcións que temos son :
- nova entrada, e accederíamos ó blog do mesmo xeito que cando o creamos, é dicir, á páxina onde imos escribir as nosas entradas;
- editar entradas, onde poderemos modificar entradas xa poblicadas ou almacenadas coma borradores;
- a configuración dos distintos aspectos do noso blog;
- deseño do noso blog; e
- ver o blog ó que acabamos de acceder.
Exactamente igual que o que nos ofrecen as pestañas de ‘Creación de entradas’, ‘Configuración’ e ‘Deseño’ coas que xestionamos o blog. Polo tanto, e como estamos a tratar o aspecto do blog, pincharemos en “Deseño”.
Agora sí que podemos cambiar o aspecto do blog e poñelo ó noso gusto.