Editar
(o núcleo do blog)
Ó editar unha entrada podemos modificar as características (o texto, as imaxes ou vídeos ou as etiquetas) dunha entrada xa creada. Ademáis, podemos eliminar entradas ou borradores xa existentes. Para editar temos que pinchar na pestaña "Creación de entradas" e escoller a opción "Editar entradas":
Nesa pantalla, na parte superior esquerda, temos o botón "Nueva entrada", que nos levará á pantalla de creación de entradas:
Debaixo do botón "Nueva entrada" temos un listado de tódalas etiquetas que se estan a usar no noso blog. Segundo pinchemos en cada unha desas etiquetas aparecerán listadas á dereita as entradas que leven a etiqueta na que pulsamos. Se, por outra banda, pulsamos en "Todo" aparecerán en pantalla todas as entradas creadas ata o momento.
Á dereita do listado das etiquetas temos unha caixa de texto que contén as distintas accións que se poden realizar coas etiquetas:
Á dereita desa caixa de texto, temos dous atallos para seleccionar ou deseleccionar todas as entradas existentes:
Máis á dereita temos os links para listar os borradores, as entradas programadas, as importadas, as publicadas ou calquera tipo de entrada:
Tamén podemos escoller cantas entradas se van amosar por páxina (só hai 6 posibles valores):
De tódolos xeitos, o máis importante desta pantalla é que temos diante: o listado de tódalas entradas existentes. Así, poderemos editar, visualizar ou suprimir calquera entrada que desexemos. Ademáis, temos á nosa disposición, por pantalla, información coma o título, as etiquetas que ten cada entrada e cando e quen creou cada entrada.
Para seleccionar unha ou varias entradas, hai que pinchar no check-box que aparece á esquerda dos links 'Editar' e 'Visualizar' que teñen cada unha das entradas que confeccionan o listado.
Se pulsamos en 'Editar', accederemos á entrada escollida e poderemos modificala coma desexemos.
Se pulsamos en 'Visualizar', veremos unha nova ventá de internet a páxina web que aloxa dita entrada.
E se pulsamos en 'Suprimir' eliminaremos a entrada ou entradas escollidas sen posibilidade algunha de rescatalas.