Configuración de permisos
(xestión interna)
En
Permisos, pódese configurar o número de autores e de lectores do blog. É dicir, se queremos que o noso blog só o lean unhas determinadas persoas escollemos ‘Sólo a los usuarios que yo elija’ ou ‘Únicamente autores del blog’. Se queremos engadir autores, pinchamos no botón ‘AÑADIR AUTORES’ e engadimos o usuario (conta de correo electrónico) que queremos que tamén sexa autor do noso blog. Ó entrar nesta páxina aparecen listados todos autores e lectores do mesmo. Este apartado ten a mesma filosofía que a de GoogleDocs. Blogger identifica, en caso de ser preciso, ós autores e os lectores do blog redireccionando a navegación á pantalla onde hai que introducir o noso usuario e a nosa clave e así mostrará ou non e permitiranos ou non escribir no noso blog.