Configuration tab
(xestión interna)
A pestaña ‘Configuración’ xestiona internamente distintos aspectos do blog. Dentro desta pestaña hai varios enlaces, en función do que queiramos configurar. As opcións máis importantes son:
- En Básico podemos, entre outras cousas, cambiar o título do blog e a descripción, así como eliminar o blog.
- En Publicación pódese cambiar a dirección ou URL do noso blog (dependendo da disponibilidade do nome novo que desexemos).
- En Formato xestiónanse a hora do blog e o formato das datas que se usan no blog.
- En Comentarios pódense restrinxir ou non os comentarios que se poden facer e quen os pode facer. Podemos escoller se para ler ditos comentarios o faremos na mesma páxina que estamos usando ou nunca páxina emergente. Ademais, podemos incluir unha dirección de correo electrónico onde queremos que nos cheguen os comentarios que se vaian facendo nas distintas entradas do blog.
- En Archivo poderemos decidir se o noso arquivo terá unha frecuencia determinada e se cada entrada vaise comportar coma unha páxina web individual.
- En Feed del sitio xestionaremos esta opción do noso blog.
- En Correo electrónico poderemos enviar por mail escribir as publicacións que se vaian realizando no blog e podemos especificar unha dirección de correo electrónico dende a que publicar ou crear borradores de texto e imaxes no noso blog.
- En OpenID configuraremos este sistema de identificación dixital.
- En Permisos, pódese configurar o número de autores e de lectores do blog. É decir, se queremos que o noso blog só o lean unhas determinadas persoas escollemos ‘Sólo a los usuarios que yo elija’ ou ‘Únicamente autores del blog’. Se queremos engadir autores, pinchamos no botón ‘AÑADIR AUTORES’ e engadimos o usuario (conta de correo electrónico) que queremos que tamén sexa autor do noso blog. Ó entrar nesta páxina aparecen listados todos autores e lectores do mesmo. Este apartado ten a mesma filosofía que a de GoogleDocs. Blogger identifica, en caso de ser preciso, ós autores e os lectores do blog redireccionando a navegación á pantalla onde hai que introducir o noso usuario e a nosa clave e así mostrará ou non e permitiranos ou non escribir no noso blog.