Editar perfil
(carta de presentación do autor)
O perfil é unha descripción, breve ou longa, das características do autor ou autores do blog. Aquí podemos especificar de onde somos, qué lemos, qué películas nos gustan, etc. etc. etc. Para acceder ó noso perfil e consultalo ou modificalo, temos que facelo desde o "escritorio". O "escritorio" é a páxina web que nos aparece en pantalla logo de introducir o noso usuario e o noso contrasinal na páxina do blogger. É onde aparece cantos blogs xestionamos, cal é o noso perfil e a qué pestaña do blog queremos acceder.
Se pinchamos en "Ver perfil" podemos consultar cales son os datos que lle ofrecemos ós visitantes do noso blog que queren saber quenes somos. Se queremos modifica-lo, teremos que pinchar no botón "Editar perfil", que nos levará á mesma pantalla que se pincháramos no enlace co mesmo texto que está no escritorio.
Unha vez editado podemos modificar calquera dos numerosos campos que aparecen ó longo da pantalla.
Por último, se queremos gardar os cambios realizados no noso perfil, hai que pinchar no botón "Guardar perfil" que aparece na parte inferior esquerda da pantalla.