Colgar presentacións
(aproveitando os nosos traballos)
Para as presentacións imos distinguir dous casos: se queremos publicar unha presentación só con imaxes ou se queremos publicar unha presentación con imaxes e texto. No primeiro caso non nos fai falta crear ningún usuario en ningunha páxina. Así que podemos usar tanto
www.slide.com, como http://www.rockyou.com/index_es.php ou similares.
No Slide hai que pinchar en ‘Make a Slide Show’:
Despois, hai que pinchar no botón ‘Browse’ e ir engadindo as fotos que queremos que constitúan a nosa presentación:
logo escoller o deseño da mesma (efectos e velocidade):
e despois pinchar no botón ‘Save’:
Despois aparece a seguinte pantalla onde temos que pinchar en ‘Skip Signup’ e contestar que sí estamos seguros de que non queremos crear un usuario:
Chegados a este momento temos que copiar o código HTML que nos interesa e pegalo na pestaña correspondente do noso blog:
No RockYou , hai que pinchar en ‘Diapo Show’, a continuación, pode que sexa preciso pinchar en ‘My files’ e logo no botón ‘Examinar’ para ir engadindo as fotos que queremos que constitúan a nosa presentación:
A continuación, hai que escoller o estilo que queremos para a nosa presentación e pinchar no botón ‘Guardar’:
Por último, pulsar en ‘Skip’:
continuamos e obtemos o código que pegaremos na pestaña HTML do noso blog:
En caso de querer publicar unha presentación nosa, temos que usar o SlideShare creándonos un usuario nesa ferramenta. Para iso hai que entrar na páxina http://www.slideshare.net/ e pinchar en ‘Login’.
Na pantalla que aparece a continuación, hai que pinchar en ‘Sign up now’ se non temos creado un usuario e, se xa o temos, cumbrir as caixas de texto de usuario (username) e clave (password). Soe ser bastante útil poñer o mesmo usuario que no blog pero sen @gmail.com e poñer, tamén, o mesmo contrasinal:
Para crear o usuario hai que cubrir os datos da páxina que aparece e logo pulsar en ‘Join now. Unha vez creado o usuario xa podemos entrar cubrindo as caixas de texto correspondentes.
As pestañas que imos utilizar realmente son: ‘Upload’ para gardar as nosas presentacións no servidor e ‘My Slidespace’ para obter o código HTML que pegaremos no noso blog. Vaiamos, logo, a 'Upload':
En ‘Upload’ hai que pinchar no botón ‘Browse and select files’ para escoller a presentación que queremos almacenar.
Unha vez gardada hai que escoller o título, se permitidos descargar o arquivo (habilitanto ou non a casilla 'Allow file download' que está xusto debaixo do botón 'Publish'), a privacidade e se queremos incluir unha breve descripción da presentación. Se temos gardada só unha presentación temos que pinchar no botón ‘Publish’ ou en ‘Publish All’; se temos varias ‘Publish’ publica a presentación que temos escollida nese momento e se pinchamos en ‘Publish All’ publica tódalas presentacións que vimos de gardar:
Despois dun par de minutos xa teremos a nosa presentación dispoñible para copiar o código HTML que nos interesa. Para iso, hai que ir á pestaña ‘My Slidespace’ en pinchar enriba da presentación que queremos poñer no noso blog. Para rematar, copiamos o código que está na caixa de texto á dereita de “Embed in your blog” e o pegamos na pestaña ‘HTML’ do noso blog e listo.