Colgar contadores de visitas
(¿está a lernos moita xente?)
Hai moitos contadores que podemos utilizar, pero o xeito de incluilos no noso blog é o mesmo, e é totalmente análogo ó que levamos visto ata agora. Imos traballar co histats: www.histats.com . Se queremos ver os contadores dispoñobles hai que pinchar en “Chascar aquí para ver los contadores”:
E aparecerán ditos contadores:
Do mesmo xeito que co slideshare, hai que crear un usuario coa súa clave correspondente (de novo é aconsellable usar o mesmo usuario que o do blog e a mesma clave). Así, hai que pinchar na superior da pantalla en “Registrarse”:
Despois, hai que cubrir as caixas de texto correspondentes:
E, unha vez cubertas, escollemos o deseño de contador que desexemos:
Pinchamos no radio-button (botón con forma de círculo que está á esqueda de cada contador) do contador elegido:
a información que queremos que se ofreza:
e abrirase a seguinte pantalla onde pincharemos en ‘Agregar sitio web’:
E xa temos o código HTML que temos que pegar no elemento de páxina HTML/Javascript do noso blog: