Como crear un blog. O proveedor Blogger
(primeiros pasos)
Como xa indicamos, imos traballar co proveedor Blogger para así poder aproveitar todas as ferramentas que nos ofrece Google para que o noso blog o interesante posible. Así, unha vez creada a conta en gmail, pinchamos na flecha laranxa que di “CREAR TU BLOG AHORA” de www.blogger.com.
No paso “Crear una cuenta de Google” escribiremos a conta de gmail que será onoso usuario, volveremos a escribir esa conta na caixa de texto seguinte, introduciremos un contrasinal (en principio, o mesmo contrasinal que na conta de gmail. Nunca probei a poñer unha distinta), repetir o contrasinal, introducir o nome co que aparecerán asinadas as entradas do blog, cubrir a caixa de texto de verificación de palabra e pinchar na casilla de aceptación de condicións do servicio.
A continuación, hai que asignarlle un nome e unha URLó blog (podemos ubicar o noso blog noutro servidor distinto ó de blogspot pinchando en "Configuración avanzada del blog" e escollendo as opcións que nos conveñan):
Despois, escoller unha plantilla:
¡¡¡ E xa temos creado o noso blog !!!
Agora quedan moitas cousas por facer e é bastante doado perderse dentro de tódalas posibilidades que temos á nosa disposición. Por unha banda podemos comenzar a escribir entradas, por outra podemos escoller a apariencia que vai ter o noso blog (incluir links, presentacións, deseñar a cabeceira, etc.), tamén podemos configurar os comentarios, autores do blog, o formato das datas que aparencen nas entradas, etc. podemos completar o perfil do blog, etc etc.
Seguindo a orde “natural” de cousas que aparecen na pantalla, o primeiro que nos amosa o blogger é a pantalla de edición de entradas. É dicir, o blogger o primeiro que nos ofrece é publicar a nosa primeira entrada. Nesta páxina imos obviar esta posibilidade, xa que profundizaremos nela no apartado adicada á pestana "Creación de entradas".