Plantilla nova
(decorando o blog)
Se queremos cambiar a plantilla do noso blog, só hai que pinchar en 'Seleccionar plantilla nueva' dentro da pestaña 'Diseño'. Soe ser bastante habitual facer este cambio xusto ó acabar de crear o blog. De feito, é moi recomendable botar unha ollada ás distintas posibilidades que podemos escoller. Isto é debido a que a oferta de plantillas e moitísimo máis ampla nesta opción que cando creamos o noso blog. Así que cantas máis opcións haxa, máis posibilidades haberá de que o aspecto do noso blog se axeite ó máximo ó noso gusto:
Para escoller unha nova plantilla temos que pinchar nun dos botóns que aparecen debaixo de cada estilo de plantilla (Minima, Denim, Rounders, etc.). É aconsellable, para obter máis detalles de cada plantilla, pinchar en 'vista preliminar de la plantilla' e así abrirase unha nova ventá onde se pode apreciar moito mellor a plantilla que escollemos e cos contidos que xa temos incluídos no noso blog (non a plantilla dun blog de proba calquera):
Por último, pinchando no botón 'Guardar plantilla', xa teremos rematado o cambio de plantilla que queríamos: