Onde atopar blogs
(collendo ideas de outros)
Para atopar blogs hai varias posibilidades:
- Entrar en www.google.es, alí facer a búsqueda “buscador blogs” e escoller a primeira entrada, unha vez que estamos nesa páxina web pinchar en “búsqueda avanzada” (está en letra pequena);
- En
www.blogger.com aparecen os blogs deste proveedor que se van actualizando, así que pinchando en calquera deles xa temos acceso ó blog que escollamos;
- Tamén se poden buscar blogs na páxina
www.blogoteca.com na parte superior esquerda escollendo o radio-button blog e logo pinchando na lupa. Esta páxina tamén da a opción de buscar artigos…e debaixo deste apartado podemos buscar palabras que estén escritas en blogs escritos en galego;
- Nas páxinas web dos xornais dixitais hai moitos enlaces a blogs
.
- Dentro de cada blog soe haber varios enlaces a máis blogs; polo que podemos navegar por distintos blogs de xeito moi sinxelo.