Qué se precisa para crear un blog
(ademáis de querer contar cousas, claro)
1- un proveedor
O primeiro paso para ter un blog propio é contratar os servicios dunha empresa que poida prestar este tipo de recurso. O proveedor que usaremos é
http://www.blogger.com que pertence a Google (marca comercial do coñecido buscador, que ademáis presta outros servicios, como éste). Visitando esta páxina e con tres sinxelos pasos guiados, cualquera persoa con mínimos coñecementos a nivel de usuario de Internet pode iniciar o seu propio blog configurando as opcións de accesibilidade, aspecto, etc.
2- un usuario e un contrasinal
(ímolos crear a continuacion):
No caso do blogger.com o usuario vai ser unha conta de correo de gmail. Faise en gmail xa que, se non, na conta que asignemos coma usuario nos chegará un mail dicindo que o blogger non se fai responsable do que poida pasar nun futuro cos usuarios que non sexan de gmail. O máis probable é que non vaia a acontecer nada extraño, pero, por tranquilidade, aconséllovos crear a conta en gmail (non se perde nada). Ademáis, para aproveitar as amplas funcionalidades que nos ofrece Google con otras ferramentas dese proveedor é imprescindible que o noso usuario sexa de gmail.
Vexamos, logo, como se crea dita conta: Hai que acceder á páxina
www.gmail.com: alí pinchar en “sign up for gmail” ou “Ábrete una cuenta” e cubrir os campos que nos piden para crear a nosa nova conta (na parte superior dereita da páxina de creación da conta pódese cambiar o idioma).