Este é o fresco coñecido coma "Terencio Neo e a súa muller", unha das imaxes máis famosas de Pompeia. Considérase que son un xoven maxistrado (pola toga) chamado Terencio Neo e a súa muller. A parella conforma una imaxe costumbrista, que foi obxecto de todo tipo de interpretación de orde social, estética e política.
A roupa, peiteado e a evidente igualdade dos personaxes retratados de forma tan realista, foi obxecto de múltiples reflexións. Resume a esencia do que foi o mundo dos libros e da lectura privada na roma do s. I d.C.
Os personaxes teñen nas mans os formatos de libros máis comúns do mundo antigo ata a época: o rolo de papiro e as taboíñas de cera. Ademáis proporciónannos datos de gran interese. O primeiro é que do rolo colga un titulus, a etiqueta de papiro na que soían escribir as primeiras palabras da obra pensando nunha rápida localización dos plúteos (cada un dos caixóns ou estantes dunha biblioteca). O segundo é que as taboíñas abertas que sostén a xove cunha man, mentras achega coa outra un stilus ao mentón (xesto que puido estar de moda no momento), non son elementos illados senón que están unidos.
Coa conquista de Tarento no ano 272 a.C. (s. III a.C.) remata a conquista da Magna Grecia, a primeira toma de contacto entre romanos e gregos. Grecia foi vencida pero os gregos apropiáronse de Roma culturalmente.
O conflito entre Roma e Magna Grecia non vai a quedarse simplemente nun conflicto bélico, senón que vai deixar unha pegada moi importante na sociedade romana.
Podemos observar os primeiros pasos da helenización de Roma nas moedas: os romanos cambiaron o seu modo de acuñalas e pasaron a utilizar o modelo grego.
Ademáis, os habitantes de Roma comezaron a renderlle culto a divindades gregas, identificando aos seus antigos deuses cos Deuses do Olimpo: Xúpiter (Zeus), Xuno (Hera), Minerva (Atenea), Marte (Ares) ...
Outros ámbitos onde se fixo notar a forte influenza helena foron os motivos arquitectónicos e ornamentais, os nomes propios e a cerámica.
Abrangue toda a primeira metade do s. II a.C. Concluíu tras as guerras macedónicas, no 146 a.C., ano no que Macedonia é declarada provincia romana e Grecia un *protectorado, e non será provincia ata a época do emperador Augusto (s I a. C - I d. C.).
Tras a súa conquista impórtanse dende Grecia novas doutrinas filosóficas, como poden ser o pitagorismo (movemento filosófico, científico e relixioso), o estoicismo (fundado polo grego Zenón de Citio, que defende o autodominio, a serenidade e a felicidade da virtude) e o epicureísmo (organización filosófica que cubre a búsqueda dunha vida feliz mediante a búsqueda intelixente de placeres). Esta influenza chega tamén aos costumes e ámbito doméstico: a vivenda, a alimentación, a indumentaria, a saúde e o ocio. Os pedagogos, médicos, filósofos, comerciantes, escravos, reféns (como o propio historiador Polibio) chegan á Urbs, e a clase dirixente comeza a estudar a lingua grega.
Na literatura latina o dramaturgo Terencio adapta obras gregas da última época da comedia ática. Fabio Píctor, un dos primeiros historiadores da Roma Antiga, escribe en grego. E o poeta Ennio utiliza métrica grega.
*protectorado: Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias. Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.
A literatura latina desenvolveuse dende o século III a.C. nun ambiente impregnado de helenismo. A influenza de modelos gregos é perceptible en todos os xéneros literarios.
O helenismo penetrou durante os séculos III-II a. C. e callou tan fondo que as familias nobres non tiñan reparos en facer que os seus fillos fosen educados por pedagogos gregos traídos como prisioneiros.
Creouse así unha nobreza filohelena, pero fronte a ela houbo sectores que por orgullo preferían manterse afastados das formas de vida gregas, dos intereses comerciais e da relación cos vencidos.
O círculo dos Escipións é un perfecto exemplo da nobreza filohelena. Era un salón, cenáculo ou tertulia literaria da Roma republicana, un dos primeiros da súa historia, creado durante a segunda metade do século II a.C.
Constituiuse arredor de Cornelia (189 a.C.-110 a.C.), a nai dos Gracos (Tiberio e Caio), e do seu xenro Escipión Emiliano (185 a.C.-129 a.C.). Alí reuníanse homes xoves, impregnados pola cultura grega e abertos á filosofía. Estaban Lelio (188 a.C.-??), apodado “o Sabio”, o comediógrafo Terencio (194 a.C.-159 a.C.), o satírico Lucilio (148 a.C.-102 a.C.), o poeta tráxico Pacuvio (220 a.C.-130 a.C.), o historiador grego Polibio (200 a.C.-118 a.C.), que foi levado a Roma como refén no 168 d.C., e Panecio (185 a.C.-110 a.C.), fundador do estoicismo medio e que adaptou a filosofía grega ao espírito latino. Este grupo de persoas admiraba a forma de pensar e vivir gregas, e incorporaron numerosos elementos da filosofía de vida destes na súa, tal e como pode ser o contacto coa natureza.
Como exemplo de detractor está Catón o Vello (234 a.C.-149 a.C.), tamén apodado o Censor, debido á forte censura que realizou contra o que consideraba a invasión da cultura grega. Durante o tempo que ostentou o cargo de censor, as súas críticas contra a cultura helénica foron brutais. Catón cría que ese novo elemento estranxeiro ameazaba con destruír a áspera simplicidade do modo de vida romano, e no seu censorado atacouno múltiples veces, esperando así convencer á poboación romana de que se mantivesen fieis ás súas raíces.
A literatura latina naceu como unha manifestación máis dende ese helenismo asimilado conscientemente entre a aristocracia dirixente. Aínda que se seguiron os prototipos gregos, as tendencias itálicas non desapareceron. Os autores latinos sentiron o desexo de opoñer á cultura grega unha cultura «nacional», por máis que fose elaborada a semellanza daquela.
Foi o poeta Horacio (65 a.C- 8 a.C) quen recolleu as teorías gregas referentes á creación literaria, na súa Epístola aos Pisones, tamén coñecida como Ars Poetica, propugnando unha imitación sen servilismos dos autores e as obras da Grecia clásica.
(...) El interés de Catón por este cargo se explica por su decidido propósito de restablecer en Roma lo que él consideraba como la auténtica moral romana. Catón estaba indignado por la influenza de la cultura y las costumbres griegas, que consideraba depravadas y nocivas.
Consideraba la higiene personal y la costumbre de afeitarse como una forma de afeminamiento, y por ello quiso poner de moda las túnicas de lana raídas y las barbas descuidadas.
También lanzó resonantes acusaciones de corrupción contra destacados miembros de la élite romana. Denunció a su antiguo jefe militar, Acilio Glabrio, por haber aceptado sobornos, y poco después a Escipión Asiático, el hermano del Africano, por haber aceptado dinero de Antíoco.
Estas actuaciones acrecentaron su popularidad, hasta que en 184 a.C. fue por fin nombrado censor. Durante el ejercicio de su cargo Catón consiguió revisar las listas de senadores y caballeros, aprobó medidas contra los publicanos (los recaudadores de impuestos, a los que el pueblo odiaba por su codicia) y decretó duros impuestos sobre la compra de los artículos que consideraba de lujo, como vestidos, carruajes o vajillas.
Durante años se le vio yendo y viniendo por el Foro, defendiendo causas, apoyando reformas, intentando volver a la supuesta severidad de los antepasados. En todos esos tejemanejes, sus dichos graciosos se hicieron famosos, y con el tiempo se llegó a formar una colección de ellos, los «dichos de Catón». (...)
Noutra obra, as Epístolas, Horacio resume os acontecementos transcorridos na época antiga e que marcarían profundamente a cultura ocidental. Os romanos eran unha cultura sincretista: soían adoptar os costumes e crenzas doutros pobos se lles resultaba beneficioso. Neste caso, trala conquista militar de Grecia, considerada berce e fogar das artes, Roma incorporóunas e desenvolveunas.
Nos seus textos Horacio fala de que aínda que os romanos gañaron militarmente aos gregos, Grecia apoderouse culturalmente de Roma. E así foi, no referido á cultura todo foi marcado e influenciado polos gregos, os romanos cultos eran bilingües, todo estudiante de familia noble e con recursos pasaba unha etapa da súa formación en Grecia, etc. Cando fala dos versos Saturnios fala do pobre que era a Literatura Latina nos seus comezos, e como logo, co contacto coa Literatura Grega, foi mellorando e chegando a un nivel semellante ás obras que foran escritas en grego. Isto deulle por fin ao latín a categoría que se merecía, aínda que, segundo Horacio, aínda queden autores que non están á altura.
Horacio - Epístolas II, 1, 156-157.
'Graecia capta ferum uictorem cepit et artes
intulit agresti Latio; sic horridus ille
defluxit numerus Saturnius, et graue uirus
munditiae pepulere; sed in longum tamen aeuum
manserunt hodieque manent uestigia ruris. '
'En tanto al vencedor cautivó fiero
Grecia vencida, y en el Lacio agreste
introdujo sus artes. Decayeron
luego los rudos versos Saturnianos.
Y sucedió lo culto á lo grosero;
mas de la antigua rustiquez las huellas
duraron mucho, y aún hoy durar las vemos'
Na época clásica, un «libro» consistía nun rolo (volumen en latín): unha banda, máis ou menos ancha, confeccionada con follas de papiro encoladas sucesivamente e enroladas nunha especie de bastón. Os inconvintes do manexo deste tipo de «libros» eran moitos: a súa capacidade era moi limitada (debían empregarse varios rolos se se trataba dunha obra extensa); eran de manexo incómodo e resultaba complexo efectuar unha consulta.
O material co que se elabora o é papiro, un xunco palustre da familia das ciperáceas, cuxo talo ten unha sección triangular e pode acadar unha altura de varios metros. Plinio o vello (Como 23 d.C.- Catellmare 79 d.C.), na súa Historia Natural, describe o seu proceso de elaboración: prepáranse as follas dividindo o papiro en tiras moi delgadas e o máis anchas posibles. A calidade das follas é descendente dende o centro cara fóra. Fanse todas as clases de papiro sobre unha táboa húmida con auga do Nilo, pois esta fai de cola. Primeiramente, colócanse tiras do longo total do papiro, recortadas nos seus extremos, logo colócanse transversalmente outras bandas en forma de enreixado, someténdoas a presión, primeiro poñendo as mellores para rematar coas peores. A reunión destas follas, nunca máis de vinte, forma unha man.
A extensión dos rolos soía estar comprendida entre os cinco e os quince metros, aínda que nalgúns casos chegaron a superar os vinte metros. Durante o periodo helenístico, moitas obras literarias de gran extensión tiveron que dividirse en τόμοι (tómoi), o cal ten unha evidente influenza en como chegaron a nós moitas obras que aínda son obxecto de estudo. A primeira folla do rolo chamábase προτόκολον (protócollon), era a única feita con fibras de planta en sentido vertical e adoitaba deixarse en branco e cubrirse con barniz para que actuase como proteción e facilitase a conservación do resto do volume; a última folla era chamada εσχατόκολον (eschatókollon). Tamén se engadía unha vara de madeira ou óso no medio do volume que impedía que este quebrase ao abrilo completamente; esta varilla recibía en latín o nome de umbilicus (embigo).
Para localizar os rolos nas diferentes bibliotecas utilizábanse unhas etiquetas, xeralmente feitas de papiro ou pergameo, que recibían o nome de titulus. Nesta etiqueta escribíanse as primeiras palabras da obra transcrita no interior do rolo. Finalmente, o volumen gardábase nun estoxo de pel chamado toga ou membrana, mentres que o conxunto dunha obra de varios rolos conservábase nun cilindro con tapa chamado capsa.
O texto escribíase co calamus (cálamo), unha pluma de orixe vexetal elaborada a partir dunha cana oca e ríxida, coa súa punta afiada por medio dun coitelo e cunha fenda na punta. Dependendo do corte que se lle dera á punta, obtíñase un tipo específico de escritura (maiúscula, cursiva, de trazo máis fino ou máis groso...)
No proceso de lectura era necesario empregar as dúas mans de forma simúltanea, coa esquerda enrolábase o texto xa lido e coa dereita íase desenrolando e descubrindo novas seccións da obra, o que implicaba unha labor coordinada e incómoda (aínda que non tanto como nos pode parecer actualmente) que daría paso á estandarización do códice no futuro. Isto coñecíase como xogo das mans.
Apple patenta un dispositivo semellante aos rolos romanos
Esta patente describe a un dispositivo móvil que consiste en dous cilindros, dos cales se pode tirar para revelar unha pantalla OLED flexible. Cando non se está usando, os dous cilindros mantéñense unidos mediante magnetismo, deixando así o rolo pechado.
Cada un dos cilindros conta coa súa propia cámara, o cal fai a este dispositivo idóneo para ver ou facer fotografías en 3D de moi alta resolución.
Fonte: TheStack
A imaxe da esquerda non é un anaco de carbón, senón un papiro do século I escrito en grego, cun texto, posiblemente, do filósofo epicúreo Filodemo de Gadara. Eses son algúns dos segredos que descifraron un grupo de investigadores. Usando unha avanzada técnica de imaxe por raios X, puideron localizar letras e palabras escritas sobre un papiro completamente carbonizado.
O 24 de agosto do século I desta era, unha tremenda erupción do Vesubio enterrou, baixo toneladas de rochas volcánicas e cinzas, varias cidades romanas como Pompeia e Herculano. A traxedia, con todo, serviu para conservar algunhas das marabillas do Imperio Romano, como os frescos dos pazos pompeianos.
No século XVIII descubriuse na cidade de Herculano tamén a chamada desde entón Vila dei Papiri.
Atopáronse 1.800 rolos de papiros, dos cales so algúns puideron ser desenrolados. Os demais gardáronos para cando, coa axuda da tecnoloxía, se poidan ler sen destruílos.
Con imaxes de raios X, os investigadores puideron localizar letras e ata palabras en distintos puntos do papiro. Escrito en grego, a lingua culta e da filosofía de entón, algunhas das letras son evidentes, en especial para o ollo experto. Outras con todo, poden confundir o seu trazo coas liñas das fibras do papiro.
Os investigadores recuperaron case todas as letras do alfabeto grego. Aínda que as sílabas recuperadas desde o interior do papiro aínda non permiten ler o seu contido, si deron varias pistas sobre el.
Puideron determinar con certo grado de certeza que foron escritos polo mesmo escriba. O estilo das letras dun e outro é idéntico. En canto ao contido, aínda que a súa aposta é algo arriscada, creen que é un texto filosófico. O seu autor podería ser Filodemo de Gadara, un seguidor dos ensinos de Epicuro. Aínda que aínda queda marxe de mellora, os investigadores creen que se abriu a porta á maior biblioteca da antigüidade que, aínda carbonizada, chegou ata hoxe.
Un manuscrito de Séneca o vello
En maio de 2018 a Biblioteca Nacional de Nápoles anunciou ou achado duns fragmentos dun manuscrito sobre a Historia de Roma de Séneca "o vello", pai do famoso filósofo.
Este "importante descubrimento" foi posible tras o estudo dun papiro (P. Erc.1067) da biblioteca achada na Villa dos Pisones de Herculano, unha das urbes, xunto a Pompeia, destruídas pola violenta erupción do Vesubio no ano 79 d. C.
Esta análise permitiu "con certeza" a atribución do texto á "Historiae ab initio bellorum civilium" de Lucio Anneo Seneca o Vello ou Retórico, pai do soado filósofo moralista.
A atribución a Séneca, destacan desde o Ministerio, confirma que a biblioteca da Villa dos Pisones foi na época, hai máis de dous milenios, "un vital centro de estudos" ata pouco antes da destrución provocada pola erupción.
Por esa razón, reclaman que os Papiros de Herculano sexan recoñecidos como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
La villa de los Papiros
Para máis información sobre este tema atoparedes na biblioteca do instituto un libro titulado " La villa de los Papiros " ademáis dun Dvd que o acompaña.
Este libro, publicado con motivo da exposición do mesmo nome na Casa do Lector (Madrid, 2014), introdúcenos no mundo da lectura e escritura nas cidades vesubianas durante o século I, grazas ao descubrimento dunha luxosa vila romana na que se achou a única biblioteca da Antigüidade Clásica.
A escaseza de papiro fixo que se buscase outro material que o substituíse, así que se elixiu o pergameo polas súas vantaxes: era máis máis fácil de conseguir, máis duradeiro e de maior calidade.
A charta pergamena, procedente de Pérgamo, onde foi creada para intentar acabar co monopolio do papiro que tiñan os exipcios (aínda que xa fora usada polos sumerios no século II a.C.) e elaborada cun proceso especial de curtido, adaptouse ao modelo do rolo (volumen en latín).
O pergameo fabricábase con peles de animais xoves (cordeiro, terneiro ou cabrito) pero só coa derme, debendo eliminar a epiderme e a hipoderme. Para separalas, as peles sumerxíanse nunha solución de cal e a continuación tensábanse nun cabalete mentres que, coa axuda da pedra pómez, se frotaba a superficie resultante para eliminar as últimas impurezas e pulir a superficie de escritura.
A comezos da nosa era comezou a empregarse outro soporte para a escritura: o códice (codex), que terminaría por xeneralizarse a partir do século III.
O códice está formado por un conxunto de follas rectangulares que se pregan en caderniños formados ao dobrar unha ou máis follas, cosidos uns con outros para escribir sobre eles e protexidos mediante a encuadernación. Houbo códices de papiro, pero terminou por impoñerse o de pergameo (codex membraneus).
Estes tiveron un gran papel na escola, xa que facilitan un transporte mais cómodo e non necesitan tanta protección como os rolos, e tamén na administración, porque era un gran aforro de material.
Ao longo da historia os codices conviven cos rolos (volumenes) de papiro e de pergameo.
Algúns dos códices máis valiosos do mundo
O Códice da Ilíada Ambrosiana (en latín Ilias Picta) é un conxunto de fragmentos dun códice ilustrado da Ilíada de Homero (confeccionado en pergameo, de gran formato e cunha calidade excepcional), que fora confeccionado en Alexandría entre finais do século V e principios do VI d.C. Actualmente, os fragmentos encóntranse na Biblioteca Ambrosiana de Milán. As imaxes dalgúns fragmentos acompañan ao texto. Trátase de fragmentos de excepcional importancia porque representan algúns dos moi escasos testemuños directos da ilustración de libros de tema non-relixioso do período prebizantino. Actualmente consérvanse 51 fragmentos que conteñen 58 miniaturas de gran beleza. Constitúe un claro testemuño da permanencia do ideal da paideia como valor social definitorio para as elites tardo- e post-romanas. Este códice foi, sen dúbida, elaborado por encargo e cun altísimo custo.
O Códice Calixtino é un manuscrito ilustrado de mediados do século XII. Nel reúnense sermóns, himnos, relatos e milagros da traslación do Apóstol Santiago. Tamén contén textos litúrxicos e pezas musicais adicadas a el. O seu cuarto libro narra o descobremento da tumba de Carlomagno.
Este códice atopábase dentro dunha cámara blindada do archivo da Catedral de Santiago. O 5 de xullo de 2011 notificouse as autoridades do furto do valioso códice. Finalmente descubriuse que o ladrón fora un electricista que traballara na catedral e tiña no seu poder o códice xunto con algún obxecto máis pertencente ao templo.
Para coñecer a asombrosa historia do roubo e posterior recuperación do códice Calixtino, podes ler este artigo do diario El Mundo.
O Pergameo Vindel (século XIII) é a única mostra musicada que se conserva do cancioneiro profano galaicoportugués da Idade Media xunto co Pergameo Sharrer, que recolle outras sete composicións de Don Dinis, rei de Portugal. Xoia da poesía e a música medieval, regresou a España en setembro do 2017.
Tras máis de dous anos de negociacións, o Pergameo Vindel foi entregado por The Morgan Library & Museum de Nova York á Universidade de Vigo e a Xunta para unha exposición temporal.
E outro códice, o manuscrito Voynich, é considerado tamén o libro máis misterioso do mundo, como podes ler neste artigo do diario El País. E se queres comprar unha edición facsímil do mesmo, terás que xuntar uns 8.000€. Aínda así o vas ter difícil, porque xa están todas as copias reservadas!
A Biblia Kennicott e unha das biblias xudeas máis importantes do mundo. Foi escrita polo escriba Moshe Ibn Zabarah, que ademais contratou ao iluminador Joseph Ibn Hayyim para embelecer o texto, rematado o 24 de xullo de 1476 na Coruña. En opinón do hebreo Cecil Roth a biblia Kennicott é «a obra mestra da arte medieval hispanoxudaica», e ademais a testemuña máis importante da presenza xudea en Galicia na Baixa Idade Media e «unha das obras cume da ilustración medieval, así como un dos manuscritos hebreos máis valiosos e fermosos do mundo».
Estivo exposta en na cidade da cultura de Santiago, nunha exposición creada no marco do Xacobeo 2021, xunto con dúas versións do Códice Calixtino: os Liber Sancti Iacobi da Biblioteca Apostólica Vaticana e da Biblioteca General Histórica de Salamanca. Para saber máis le a noticia da Voz de Galicia
O papel comenzou a utilizarse para os códices dende o século XII. Difundiuse cara o ano 1000 dende o mundo islámico. Era un material que se obtiña da maceración de trapos de cáñamo ou lino, e resultaba máis económico que o pergameo. Déronselle nomes coñecidos: charta ou papyrus (papel, paper, papier, etc.).
Este novo invento nacido en China cara o ano 105, que chegara ata Bagdad en 709 e ata Europa a través de Xátiva no ano 1120, comezaba a facerse popular. Sen el, a imprenta e a tipografía non houberan existido.
Durante moitos séculos os libros tiveron unha única forma na área do Mediterráneo, e era o volumen: un rolo de papiro de varios metros de longo, escrito por unha soa cara e enrolado en dous cilindros de madeira.
A lectura facíase secuencialmente pasando o papiro de un a outro dos cilindros, e necesitábase ambas mans.
O texto estaba organizado en columnas e o título do volumen fixábase nunha etiqueta colgando dos madeiros, o títulus (ver imaxe ao comezo da páxina).
No volumen non hai forma de atopar unha pasaxe concreta no contido, xa que só se pode ler na súa orde orixinal. Ademáis, como o papiro se fabricou por primeira vez en Exipto, só se fabricaba alí, e era un material moi caro e fráxil, sobre todo en climas húmidos, onde se descompoñía (por eso o clima de Exipto era idóneo, sobre todo nas cercanías do Nilo, xa que era seco e caluroso pero con acceso á auga do río; ademais os rolos de papiro tiñan que fabricarse pouco tempo despois da colleita, polo que só podían ser exportados despois de fabricarse completamente, o cal derivou no monopolio exipcio deste produto).
Tanto era así que o emperador Tácito (275-276) viuse obrigado a enviar copias dos textos do seu homónimo historiador romano cada ano á Galia e á Xermania porque estes se desfacían. Estas desvantaxes deron lugar á extensión dos libros actuais a partir da Roma Imperial do século I.
O modelo de libro actual chámase códice, e consiste nunha serie de follas plegadas e cosidas polos pregamentos de modo que se poidan aproveitar ambas caras do material. A súa lectura é sinxela, xa que pode facerse cunha soa man e encontrar pasaxes e textos é moito más fácil (sobre todo grazas á numeración das páxinas e índices).
A inspiración para crear este novo instrumento ven das Tabulae Ceratae, que empregaban os romanos na escola para tomar notas: taboíñas de madeira recubertas de cera, nas que podías marcar palabras cun stilus e que despois soían “encadernarse" unindo varias mediante aros nun dos seus lados. Estas taboíñas permitían borrar o escrito para reutilizarse constantemente, polo que eran moi económicas e útiles para a educación, finanzas ou para escribir borradores; este uso especial para textos efímeros permite a supervivencia das taboíñas tras a popularización dos outros soportes de escritura.
As taboíñas de madeira clasificábanse en dous grandes grupos, ademais das tabulae ceratae, que eran as máis comúns, había un segundo tipo chamado album ou tabula dealbata, que se elaboraban a partir de pranchas de madeira pulida e embranquecida para escribir nelas posteriormente cun cálamo ou pluma de caña, o que implicaba o uso de tinta para deixar un texto persistente no tempo.
Había un terceiro tipo de taboíña, menos frecuente, feita de marfil. Debido á resistencia deste material, unha das taboíñas máis antigas que se conserva é deste tipo, a Taboíña Marsiliana, datada a mediados do século VII a.C. e tivo unha finalidade escolar. Eran máis valiosas (sobre todo se se decoraba o seu exterior) e máis duradeiras que as outras, e utilizábanse principalmente cunha función de tipo representativo.
A relación entre estes dous soportes de escritura é tan estreita que a propia etimoloxía de códex (provén de caudex "trozo de madeira") ten a súa orixe no nome que se daba as táboas, pero cando o uso de estas comezou a diminuír gravemente o termo codex pasou a designar calquer conxunto de láminas unidas entre si pola marxe interna mediante aneis metálicos ou tiras de coiro. Outra forma de nomear as taboíñas dependía de como se agrupasen, 2 taboíñas agrupadas formaban dípticos, 3 formaban trípticos e máis de 3 formaban polípticos.
Pero o papiro era un material inadecuado para o códice, xa que ao pregalo pode romperse, e por iso, estendeuse o uso doutro material de escritura: o pergameo, feito con peles de rumiantes laboriosamente traballadas.
O códice tiña varias vantaxes, xa que era o material máis sólido empleado polas dúas caras. Ademáis tiña unha encadernación firme que se podía protexer con "tapas" e un título na tapa/lomo que facilitaba a búsqueda do exemplar requerido. Este ocupaba menos espazo nas estanterías e a súa lectura era moito máis libre, xa que se deixaba unha man disponible.
Pero na Roma do século I, o códice non só se atopou con entusiastas partidarios (como o poeta Marcial, que dixo: “Existe un novo formato de libro, feito con follas de pergameo, que é unha novidade. Pódese atopar na tenda do liberto Secundino, cerca do templo da Paz"), senón tamén con detractores, que eran, en xeral, os romanos que profesaban os cultos antigos e os xudeos que se mantiveron fieis aos rolos.
De feito, na relixión xudea, a Torá, que é o texto que contén a lei e o patrimonio identitario do pobo israelita, e que constitúe a base e o fundamento do xudaísmo, segue sendo un volumen, aínda que feito de pergameo e copiado a man.
Ademais, o rolo de pergameo era un formato de gran prestixio, xa que moitas obras clásicas foran escritas en rolo, polo que o códice considerábase menos elegante e prestixioso nun principio, o cal retardou a súa popularización a pesar das evidentes vantaxes que proporcionaba respecto ao rolo (é máis facil de utilizar; pódese leer aberto, apoiado sobre unha mesa ou un atril, o cal permite utilizar unha soa man e só cando hai que cambiar de páxina.
Ao liberar as mans permitía tomar anotacións sobre o papel facilmente, o cal o facía un soporte idóneo para o estudo e a copia de textos, en lugar de depender da memoria ou do dictado doutra persoa lendo un rolo; é máis facil de transportar e non necesita tanta protección, como os rolos que se levaban en fundas de pel ou en capsae; o códice tamén permitía atopar pasaxes concretos moito máis facilmente e tiña unha capacidade moito maior, aproximadamente un códice permitía a escritura do contido de 6 rolos).
Foron os cristiáns primitivos os que aceptaron con entusiasmo o novo códice e extenderon as súas ensinanzas e evanxelios por medio deste formato. Un exemplo son os Manuscritos de Nag Hammadi, que son doce códices de papiro encuadernados en pel, e os restos dun décimo terceiro, gardados nunha xerra de cerámica selada e escondida nunha gruta en Nag Hammadi, unha vila de Luxor, no Alto Exipto, e datados entre os séculos III e IV d.C. Son un conxunto de textos adscritos ao Cristianismo Gnóstico Primitivo.
O libro actual non é máis que un códice adaptado a un novo material, o papel, e a unha nova tecnoloxía de producción (a imprenta).
Ata mediados do século II a. C. Roma non contaba cunha literatura propia cuantitativamente importante. Pero por entón, xa existía unha nobreza ilustrada, que seguía os dictados literarios e filosóficos das modas helénicas e comézase a dar o fenómeno do mecenazgo e dos círculos literarios. Os libros circulaban e existían bibliotecas privadas que chegaran a Roma desde Grecia como botín de guerra.
No século I, en Roma había un sistema de edición e difusión de libros; ata hai un barrio de libreiros: o Argiletum. Os libreiros romanos podían lograr fabulosos beneficios copiando as obras dos autores de éxito, aínda que estes non cobraban o que hoxe coñecemos como «dereitos de autor».
O proxecto para fundar a primeira biblioteca pública de Roma débese a Xulio César (100 a. C., 44 a. C.), que non viu cumprido o seu desexo. Sería Gaio Asinio Polión quen fundase a primeira biblioteca pública de Roma no 39 a.C., no Atrium Libertatis. E dende entón abríronse outras moitas. Calcúlase que Roma chegou a ter no século II vinte e oito bibliotecas públicas.
É importante destacar as Bibliotecas do Foro de Traxano ( 53-117), unha con obras gregas e outra con obras latinas.
Outra importante biblioteca da Antigüidade foi a Biblioteca de Celso en Éfeso, na actual Turquía, en honor ao senador, cónsul e procónsul romano Tiberio Xulio Celso Polemeano. A súa construción foi rematada cara o ano 117-135.
A biblioteca almacenaba 12.000 rolos e serviu de tumba ao propio Celso. É considerada a terceira biblioteca máis grande do mundo antiguo, despois da de Alexandría e da de Pérgamo.
O edificio é un dos poucos restos que quedan de bibliotecas romanas e mostra como as bibliotecas públicas non só eran construídas na propia Roma, senon en todo o Imperio. O seu interior e coleccións foron destruídas no ano 262 D.C. por un terremoto e incendio. O único que sobreviviu foi a fachada, que caeu noutro terremoto nos séculos X ou XI, e que permanecería en ruinas durante 900 anos.
Se queres ver as mellores bibliotecas do mundo de hoxe en día le este artigo de National Geographic.
Ao longo da Idade Media europea, os mosteiros e abadías convertéronse en focos de cultura. Hai moitos testemuños da existencia de bibliotecas nos mosteiros, e aínda que nelas predominaban os textos relixiosos, había sitio para os textos da antigüidade pagana.
Sabemos que a copia de códices era un deber monástico. Nos scriptoria dos mosteiros, os monxes escribían colectivamente ao dictado, de maneira que era posible realizar varias copias á vez. Estas salas atopábanse necesariamente preto da bilioteca do mosteiro. Sen embargo, moitos indicios indican que estas habitacións eran pouco frecuentes. Os monxes podían realizar copias nas súas celdas, individualmente. Este traballo era duro, xa que as condicións nas que copiaban (pouca luz, moitas horas de traballo) facía desta unha tarefa esgotadora.
Durante o proceso de elaboración dun códice os monxes tiñan diferentes tarefas:
O pergamiñeiro: Prepara a pel do carneiro para ser escrita e colócaa dobrada para facer as páxinas.
O copista: Delimita o tamaño da páxina e crea sitio para o texto e as ilustracións. Copia o texto con extrema precisión, sen fallos.
O iluminador: Realiza as ilustracións das páxinas. un dos máis famosos foi o Beato de Liébana.
O encuadernador: Cose os pregamentos de pergameo entre si e coloca dúas tapas de madeira e un lomo de pel.
A labor de conservación dos mosteiros continúa hoxe en día, como podemos ler neste artigo do diario El País (inclúe un pequeno vídeo):
"El guardián de los códices del Sinaí".
A la sombra del monte egipcio, la biblioteca del remoto monasterio de Santa Catalina, una de las más antiguas del mundo, abre sus puertas para mostrar su ambicioso proyecto de preservación de documentos.
Coñécense como «Os Beatos» os manuscritos dos século X ao XIII, máis ou menos abundantemente ilustrados, onde se copian o Apocalipse de San Xoán e os Comentarios sobre este texto, redactado no século VIII polo Beato de Liébana. A continuación mostramos 3 exemplos das ilustracións elaboradas por estes “iluminadores”.
Os códices de pergameo máis antigos conservados datan do século IV d.C., e por eles sábese que os tipos de letra máis utilizados para os libros de época romana foron: a capital, a uncial e a semiuncial; todas elas eran maiúsculas.
Os séculos VII e VIII foron unha época de encarecemento dos materiais de escritorio. A conquista árabe de Exipto terminou co fornezo de papiro, e o pergameo encareceuse considerablemente. Necesitábase introducir maior cantidade de texto, reducindo a letra.
As letras de menor tamaño, minúsculas, permitían escribir máis texto sobre unha folla, e con maior rapidez. Houbo diversos tipos, pero terminou por impoñerse a minúscula «carolina», de formas redondeadas e facilmente lexibles. A carolina evolucionou cara a formas máis amaneradas, dando lugar á letra gótica que perduraría ata a invención da imprenta. Tamén, cambiou a pluma de cana pola de ave.
A letra capital é a máis antiga. As letras maiúsculas, altas e iguais, chámanse “capitais” polas maiúsculas dos encabezamentos dos libros ou das iniciais dos capítulos:
a capital cadrada, tomada das inscripcións monumentais, aínda que non se conservan moitos testemuños.
capital rústica ou clásica máis estilizada en pergameo, pero tamén pintada sobre parede ou inscrita con punzón dende o mármore ata o bronce.
A caligrafía uncial (do latín unciālis, «dunha pulgada», que corresponde ao alto desta escritura) aparece no século IV como alternativa á capitalis rústica e permanece en manuscritos ata o século VIII. Era lenta de escribir e o seu tamaño permitía escribir pouco texto en cada páxina. Escribíase maiormente en maiúsculas.
As letras seguían confinadas a unha altura fixa e sen espazos entre palabras. As letras A, D, E, H e M eran redondeadas e a D coa H tiñan lixeiros trazos ascendentes.
Nos séculos VII e VIII, por primeira vez algunhas letras saíanse destas liñas fixas con trazos ascendentes e descendentes moi pronunciados, sobre todo na B, D, G, H, L, P, Q e E. Esta escritura denominouse semiuncial, un xénero de escritura libraria que se encontra en códices dos séculos V ao IX d.C., de tipo intermedio entre as formas solemnes das capitais e da uncial, e aquelas da minúscula cursiva.
A fins do século VII, Carlomagno, restitúe a unidade política e cultural en Europa. O latín volve ser a lingua oficial e estúdanse a estandarización e normalización dunha escritura en todo o Imperio.
Alcuin de York fomentou o uso da letra que utilizará todo o imperio. Esta escritura, nacida en Francia, coñécese como minúscula carolina (ou carolinxia).
Esta forma de escribir quixo converterse no estándar en Europa de modo que o alfabeto latino puidera ser facilmente recoñecido pola escasa poboación alfabetizada ao longo de todas as rexións do Imperio. Foi empregada no Imperio de Carlomagno aproximadamente entre os séculos IX e XIII.
Agréganse os espazos brancos e o punto como regra ortográfica. As minúsculas tomaron gran importancia como estilo de escritura, por ser máis fáciles de ler que as maiúsculas (Rústicas, Unciales e Semiunciais), relegando a estas só para títulos ou como inicio de párrafos. Utilízase ata o século XII aproximadamente.
Manuscrito esloveno do s. X. escrito en minúscula carolinxia | Wikipedia
A letra gótica apareceu na Idade Media, cara ao século XIII, por cursivación e síntese da minúscula carolinxia. Tivo o seu maior esplendor entre os anos 1150 e 1500. Caracterízase porque as partes redondeadas das letras aparecen fracturadas.
Lectura: El Monje de la Mala Letra
A historia trata sobre un monxe que, malia á sua mala escritura nuns inicios, acabou licenciándose como calígrafo, traballando como encuadernador e incluso na empresa XEROX. Lectura: "El monje de la mala letra"
Coas invasións bárbaras, a continuidade da cultura romana rompeuse en moitos puntos, e os restos da civilización clásica foron paulatinamente quedando en mans da igrexa, pero as obras dos autores paganos seguían constituíndo modelos dignos de imitación e estudo. Unha parte do legado da antiguidade clásica grecolatina conservouse en forma de libros manuscritos (códices), copiados sucesivamente polos monxes medievais. Existiron numerosos factores que influíron na transmisión das obras antigas:
Os gustos do público lector, que varian dunha época a outra, fan que algúns autores caian no esquencemento. Valórase máis o novo e déixase perder o antigo si se considera superado.
O estudo de obras na escola foi determinante na transmisión e conservacións das mesmas, xa que circulaban moitas copias dos autores elixidos como modelo nos estudos. Os gramáticos aplicáronse ao estudo das obras dos autores nacionais. Os seus textos entraron nos programas educativos das escolas. Este último factor determinou a fortuna da transmisión dalgúns autores.
Os incendios e catástrofes. A conservación das obras menos lidas estaba encomendada ás grandes bibliotecas, pero estas eventualmente podían quedar destruídas por incendios, como ocorreu coa Biblioteca de Alexandría, destruída definitivamente no 646 polas invasións musulmáns.
A prevención do cristianismo, por medio do Concilio de Trento no 1546 cara á literatura pagana, puido determinar a sorte dalgunhas obras. O Concilio de Trento, aínda que condenaba por regra xeral a literatura obscena, permitía a da Antigüidade con tal de que non se lle ensinase aos xoves na escola.
O clima, xa que a humidade deterioraba os materiais, o que provocou que nos lugares mais secos se conservasen mellor as obras. Nalgúns casos, pequenos roedores e insectos tamén devoraban as páxinas.
A escaseza de materiais e o seu elevado custo era un factor selectivo para determinar que obras se copiaban. A carestía de materiais novos, paliada co aproveitamento dos vellos, explica tamén o fenómeno dos códices rescripti (palimpsestación)
As recopilacións, antoloxías e resumos, que comezaron a elaborarse xa na época romana, foi perniciosa para as obras máis voluminosas, que deixaron de copiarse, pero tamén hai que dicir que grazas a eses resumos podemos ter unha idea das partes que non conservamos desas grandes obras.
Os cambios de soporte da escritura. Nos períodos en que se produciu un cambio no soporte principal das obras literarias, por exemplo cando os códices substituíron aos rolos de pergameo (s. III-IV), ou cando se comenzou a usar a escritura minúscula para as obras literarias (s. VIII-IX), houbo unha gran perda de obras; aquelas que non interesaban non se transcribiron ou, no seu caso, transliteráronse.
A sorte das obras que non se perderon e se transmitiron co correr dos séculos mantívose precariamente ata que Johannes Gutenberg perfeccionou a imprenta de carácteres móbiles cara a 1440. Así, fíxose posible a multiplicación das obras da Antigüidade, ás veces conservadas nun único exemplar, e garantir a súa preservación definitiva.
O Palimpsesto é o manuscrito que aínda conserva pegadas doutra escritura anterior na mesma superficie, pero borrada expresamente para dar lugar á que agora existe. Esta práctica de economía é moi antiga, de feito atoparónse diversos palimpsestos de autores como: Homero, cartas de Antonino e Marco Aurelio, o Tratado da República de Cicerón…
A palimpsestación foi moi empregada no século VII polas dificultades que ofrecía o comercio do papiro exipcio e repetiuse nos cinco séculos seguintes pola escaseza do pergameo, en vista da gran demanda de comercio, e a falta de papel.
Hoxe en día séguense a atopar Palimpsestos, como podemos ler nesta nova do diario ABC, onde fai referencia ao descubrimento en 2018 duns textos do médico grego Galeno do século II a.C., que foran borrados no século XI.
Asimesmo, a aplicación das tecnoloxías de fotografía hiperespectral e espectroscopía, proporcionan unha gran axuda á hora de recuperar pasaxes borradas ou ilexibles. Neste artigo, que contén un pequeno vídeo, explícase o uso desta tecnoloxía, clave para recuperar pasaxes borradas do chamado Palimpsesto de Arquímedes (na imaxe da dereita).
Escaneo do texto galénico oculto baixo cancións medievais.
Fonte e imaxe | Diario ABC
O Proxecto Palimpsestos do Sinaí (sinaipalimpsests.org)
Este proxecto utiliza imaxes espectrais de vanguardia para recuperar textos borrados de manuscritos de palimpsestos na biblioteca do Monasterio de Santa Catalina no monte Sinaí.
Tito Livio (59 a.C-17 d.C) foi un famoso historiador romano, nado e morto en Padua, pero que viviu en Roma a maior parte da súa vida. Adicouse á educación do futuro emperador Claudio, aínda que era republicano.
Publicou unha extensa obra formada por 150 libros, Ab Urbe Condita Libri, tamén coñecida como Décadas, xa que os libros se publicaban de dez en dez. Por desgraza, só se conservan 35 deles. A obra recolle a historia de Roma dende a súa fundación ata a morte de Nerón Claudio Druso (9 a.C)
Debido á súa extensidade, acabou sendo substituído por un resumo, Breviarium historiae romanae, de Flavio Eutropio (s. IV), un historiador que a resumiu en únicamente dez tomos, e sorpredentemente, tivo moito máis éxito que a obra orixinal.
A sorte das obras que non se perderon e se transmitiron co correr dos séculos mantívose precariamente ata que Johannes Gutenberg perfeccionou a imprenta de carácteres móbiles cara a 1440. Así, fíxose posible a multiplicación das obras da Antigüidade, ás veces conservadas nun único exemplar, e garantir a súa preservación definitiva.
Chámaselle aparato crítico ao conxunto de notas, variantes, conxecturas, etcétera, que acompañan a un texto nunha edición.
O aparato crítico ocupa unha parte considerábel das chamadas edicións críticas das obras literarias. Habitualmente ocupa o rodapé das páxinas e é de especial interese para os estudosos.
O formato do apparatus ten varias partes:
A localización da variante no texto (acto, escena, número de liña). Ex: 503
O lemma, que é a porción do texto ao que se lle aplica a nota (se hai versión grega, entre paréntese): Ex: Facti ( τῆς σαυτοῦ πράξεως )
Unha letra maiúscula, que sinala a fonte (manuscrito, etc.) onde figura o texto comentado. Ex: P M (o texto grego anterior aparece no manuscrito P, factis aparece no manuscrito M)
Un corchete dereito (]), que separa as variantes. Ex: facti P ] factis M (ou sexa, a variante P aparece no manuscrito P e a variante factis no M):
A antiga biblioteca estaba situada na cidade exipcia de Alexandría, de aí o seu nome. Crese que se fundou a comezos do século III a.C. por Ptolomeo I Sóter, e que logo foi ampliada polo seu fillo, Ptolomeo II Filadelfo. Esta coñecida biblioteca chegou a albergar ata 700.000 manuscritos, aínda que algunhas fontes califican esta cifra de esaxerada.
A biblioteca foi parcialmente incendiada varias veces. No 47 a.C. prodúcese o primeiro incendio durante os combates que mantivo Xulio César na cidade no seu apoio á raíña Cleopatra. Marco Antonio, anos máis tarde, intenta enmendar a situación doando unha gran cantidade de libros. No ano 272 prodúcese o segundo, no transcurso da campaña do emperador Aureliano contra a raíña Zenobia de Palmira. Anos despois do último incendio, no reinado de Diocleciano, a cidade sufriu outra desvastación importante que afectou ao complexo palacial.
No século IV d.C. proclamouse o cristianismo como relixión oficial do imperio. Este feito tivo consecuencias moi graves para a biblioteca: por aquel entón recopiláranse os saberes do paganismo clásico, xustamente o tipo de cultura que rexeitaban algúns movementos cristiáns. Os cristiáns máis exaltados aproveitaron as leis contra o paganismo do emperador Teodosio para lexitimar os seus ataques contra templos e institucións do paganismo. Deste xeito, a biblioteca do Serapeum foi destruída no ano 391, pensando que era a biblioteca de Alexandría, durante un "progromo" (linchamento multitudinario) antipagano, instigado por Teófilo, patriarca de Alexandría, que levou ao límite as leis contra o paganismo promulgadas polo emperador (pica aquí para saber maís sobre o Serapeum de Alexandría).
No 415, Hipatía de Alexandría, última representante da tradición filosófica alexandrina, morría a mans dunha horda de monxes cristiás, e xunto a ela, desaparece a súa valiosa biblioteca, ou a súa gran maioría.
A comezos do século VII, a disputa polo trono de Bizancio entre Focas e Heraclio, provoca a destrución parcial da cidade.
No 640, o Imperio Bizantino sufriu a irrupción dos árabes e Exipto quedou nas súas mans. Algunhas versións apuntan a que a biblioteca foi completamente destruída por eles, pero hai moitos estudiosos que afirman que todo isto foi unha invención para culpar aos musulmáns do que fixeran os cristiáns anteriormente. Así pois, algúns autores pensan que a Biblioteca foi desaparecendo de forma progresiva e que cando chegaron os árabes apenas quedaba nada.
O destino quixo que recentemente, no 2011, un incendio acabase tamén coa biblioteca da Academia das Ciencias de Exipto no Cairo, que albergaba valiosos documentos que se remontaban ao século XVIII.
Desgrazadamente hoxe en día vemos que a destrución de monumentos da Antigüidade non cesa. Son contínuas as novas na prensa que nos falan de bombardeos e saqueos de xacementos arqueolóxicos de incalculable valor a cargo do Estado Islámico, como podemos observar neste artigo da BBC.
Un dos maiores avances da Biblioteca de Alexandría foi o seu sistema de almacenamento de papiros. Tamén dispoñía dun sistema de busca moi innovador e moderno para a época, que consistía nunha organización por orde alfabético segundo o autor.
Zenódoto, o primeiro director da biblioteca, foi o encargado de levar a cabo esta tarefa. A isto tamén se lle suma que ofertaba escritos nunha gran variedade de idiomas. Así pois, podemos considerar a Biblioteca de Alexandría como o Google do século IIa.C.
A biblioteca logo se convertiu nun enorme centro de comercio e fabricación de papiros.
Para conmemorala e preservar o seu recordo, inaugurouse unha nova Biblioteca na cidade o 16 de outubro do 2002. Esta conmemoración foi promovida pola Unesco.
A antiga biblioteca, a máis grande da súa época, tiña como obxectivo principal divulgar, promocionar e preservar a cultura da época. Contiña libros que foran levados dende Atenas.
Grandes pensadores e homes ilustres pasaron por esta biblioteca:
Euclides: matemático, IV século a.C. Foi o pai da xeometría e o pioneiro no estudo da óptica.
Aristarco de Samos: astrónomo, III a.C. Foi o primeiro en presumir que os planetas xiran en torno do Sol. Usou a trigonometría na tentativa de calcular a distancia do Sol e da Lúa, e o tamaño deles.
Arquímedes: matemático e inventor, III a.C. Realizou diversas descubertas e fixo os primeiros esforzos científicos para determinar o valor do número pi (π).
Calímaco: poeta e bibliotecario grego, compilou o primeiro catálogo da Biblioteca de Alexandría, que foi un marco na historia do control bibliográfico, que posibilitou a creación da relación oficial da literatura grega clásica.
Eratóstenes: polímata (do grego πολυμαθής, individuo que destaca en diversas ramas do saber), foi un dos primeiros bibliotecarios de Alexandría, III a.C. Calculou a circunferencia da Terra con bastante aproximación.
Galeno: médico, II d.C. Os seus libros sobre a ciencia da medicina tornaranse fundamentais por moitos séculos.
Herófilo: médico tamén, é considerado o fundador do método científico, o primeiro en suxerir que a intelixencia e as emocións son algo propio do cerebro e non do corazón.
Hipatia: astrónoma, matemática e filósofa, III d.C. Unha das maiores matemáticas, directora da Biblioteca de Alexandría.
Ptolomeo (s. I d.C) : astrónomo. Os seus escritos xeográficos e astronómicos serán un modelo a seguir co paso dos anos. A súa aportación fundamental foi o seu modelo do Universo: cría que a Terra estaba inmóbil e ocupaba o centro do Universo, e que o Sol, a Lúa, os planetas e as estrelas xiraban ao seu arredor (en contradición co afirmado anteriormente por Aristarco de Samos)
Aristófanes de Bizancio: bibliotecario da Biblioteca de Alexandría, foi o que inventou a coma. Antigamente a maneira de escribir era en scriptio continua, é dicir, os textos eran escritos de corrido sen signos de puntuación nin separación entre palabras. A proposta del foi indicar mediante un sistema de puntos a cantidade de aire que o orador debería tomar en cada pausa para poder acometer sen afogos o fragmento do texto ata a seguinte pausa. Máis información aquí.
Zenódoto: foi un poeta épico e filólogo, discípulo de Filetas de Cos en tempos de Tolomeo I (anos 290 e 270. a. C). Foi o primeiro director da Biblioteca de Alexandría e o encargado de darlle unha organización lóxica. Esta organización baseábase nun sistema de almacenamento alfabético segundo o seu autor, e que foi posible grazas a un grupo de traballadores que se esmeraron naquela tarefa, tarefa que Zenódoto viu rematada. Máis información aquí.
Gutenberg (circa 1400 - 3 de febreiro de 1468) foi un orfebre alemán nado en Maguncia, fillo dun próspero comerciante de panos e orfebre, que destacou por ser o inventor da imprenta moderna en 1440. Antes deste invento, os libros eran difundidos a través de copias manuscritas de monxes e frailes.
Gutenberg, en lugar de usar as taboíñas habituais de madeira, que se desgastaban co uso, fabricaba moldes de madeira de cada letra do alfabeto e despois enchía os moldes con ferro, creando os primeiros "tipos móbiles". Como tarxeta de impresión, moldeou unha vella prensa de uva, á cal mantivo o soporte cos "tipos de movemento", deixando o buraco de maiúsculas e debuxos.
Este home asociouse con Johann Fust como financieiro e Peter Schoffer como tipógrafo, ata que obtiveron 300 caracteres coas letras do alfabeto e signos de puntuación.
Foron máis de dous anos de traballo, de proba e error, ensaiando con antimonio, cobre e chumbo en distintas proporcións, ata que finalmente obtiveron 300 caracteres coas letras do alfabeto e signos de puntuación.
Para a tinta fixéronse moitos ensaios. Engadiulle aceite ao habitual feluxe de lámpada mesturado con barniz e clara de ovo, e experimentou con mesturas químicas ata lograr unha rotunda e resistente negrura.
Cando o material estivo listo, decidiuse que o primeiro texto que se imprimiría sería a Biblia Vulgata en latín na versión de San Xerome, do século VI.
A Biblia de Gutenberg está composta de dous tomos de gran formato con 42 liñas a dobre columna en cada unha das suas 1282 páxinas, con letras do tipo Textura e as maiúsculas retocadas a man en cor vermella.
O aspecto da nova Biblia era moi elegante e optouse por utilizar unha escritura similar á dos manuscritos. Consérvanse soamente 49 exemplares íntegros daquelas biblias, só 12 completos e intactos en papel, e 4 en vitela.
Os libros que se editaron ata 1500 reciben o nome de incunables (do francés incunable, á súa vez do latín incunabula, e en última instancia, de cunae, arum: "berce, leito infantil", en atención a que a imprenta estaba entón nos seus comezos).
Algúns exemplos de incunables son: A Biblia de Gutemberg (1453-55), La Celestina (1499) e As Crónicas de Núremberg (1493).
Durante os séculos XIV e XV, o interese pola cultura de Grecia e Roma desatou entre os humanistas unha verdadeira paixón por descubrir textos clásicos; as bibliotecas dos mosteiros e as catedrais nas que se conservaran puxeron ao alcance dos estudosos códices dos autores clásicos, deparando obras que se descoñecían ou se crían perdidas. A mediados do século XV pode dicirse que a maior parte das obras clásicas que hoxe coñecemos xa se tiñan descuberto.
A editio princeps (plural: editiones principes) dunha obra é a primeira edición impresa da mesma, que anteriormente só existira en manuscritos. Por exemplo, a editio princeps de Homero é a de Demetrius Chancondyles, circa 1488.
Os textos máis importantes de autores grecolatinos foron na maior parte producidos nas editiones principes nos anos cercanos ao 1.500.
Calquera deles está ao alcance de case todo o mundo e considérase que se pode aproveitar máis e que ao final sale máis rendible que o papel.
Pero tamén é certo que o libro impreso sobrevive en plena era dixital, a pesares dos negros augurios que espertou en 2007 a irrupción do libro electrónico (libroe, e-book).
As estatísticas son claras, dúas de cada tres persoas seguen lendo en papel (podes ler máis sobre este tema neste artigo do diario El País firmado por Joseba Elola).
Fai 10 anos na Feria de Fráncfort, o maior evento editorial do mundo, vaticinouse que en 2018 o ebook vencería ao papel. Pero estaban moi equivocados pois o ebook non só freou o seu ascenso senón que se recuperou o papel. Por exemplo en EE.UU. caeron as ventas de ebooks un 10,8% este ano e en Europa o libro electrónico non supera o 10% do mercado (en España de dun 5,1%).
Arnaud Nourry, diretor de Hachette, afirmou que o ebook non é para nada creativo nin mellora a experiencia lectora e que só funcionou porque resultaba máis económico. O periodista Ed Nawotka sinala tamén un factor psicosocial: a un de cada catro compradores de libros gustaríalles pasar menos tempo enganchado a dispositivos electrónicos.
Carmen Ospina, diretora de marketing de Penguin Random House Grupo Editorial, explica que o libro físico tamén ten un valor simbólico, pódese ver en públicos como os seguidores de youtubers que adquiren a súa obra en papel.
Pola contra, o sector móstrase máis receptivo co audiolibro que crece a un ritmo dun 20% anual en Estados Unidos. Supón unha novidade xa que proporciona unha nova experiencia sensorial. Aínda así, non supón unha competencia senón un aliado para o papel.
O audiolibro
O audiolibro era unha ferramenta para os vagos cara a exames de lectura, xa sexa no colexio, instituto ou universidade. Este prexuízo está chegando ao seu fin, pois como din tanto o derradeiro premio planeta, Santiago Posteguillo, como a autora Eva Campos, o audiolibro é unha ferramenta útil, xa que axuda a que a xente con problemas de visión ou de tempo poidan chegar ata esas obras literarias.
Un exemplo é a compañía Storytel en España, que comezou con 2 estudios e 1.500 títulos, e a día de hoxe conta con 40.000 obras e máis de 25 estudios.
Na feria de Francfort do outono de 2019 a estrela indiscutible foi o audiolibro. Entran no negocio plataformas como Netflix e Spotify, e o crecemento do sector dase sobre todo en EEUU e América latina. O perfil do oínte é unha persona menor de 45 anos.
Foi substituído pola pluma de ave, moi común na escritura de papiros en Exipto pero que semella non se fixo popular en Europa ata o seculo VI.
Houbo que esperar ata o século XIX para que fose substituída pola pluma metálica ou estilográfica.
E por fin, no século XX, chegou o bolígrafo, que ten unha curiosa historia que podemos ler a continuación. Ladislao José Biró inventou o bolígrafo despois de cansarse dos borróns e as manchas de tinta nas súas notas. Estudou bioloxía, filosofía e latín. Tamén comezou a carreira de mediciña que acabou deixando e adicouse unha tempada á escultura, ao hipnotismo, vendeu coches, foi corredor de bolsa…
Un día en 1914 observando a uns nenos xogar ás canicas na rúa fixouse en que ao cruzar rodando as pozas, as bólas deixaban un regueiro na auga. Do mesmo xeito pensou que unha pequena peza cilíndrica colocada na punta do instrumento de escritura liberaría a cantidade de tinta necesaria para non emborroar o papel. A súa idea non foi ben recibida pois todos lle dicían que o problema da escritura xa estaba resolto. El simplemente respondía que o mundo non estaba preparado para os seus inventos.
Rexistrou a súa patente en 1938 aínda que o invento non chegou a comercializarse e só o usaba el. Ata que un día, mentres escribía unha mensaxe na recepción dun hotel iugoslavo, un home se fixou no seu útil de escritura. Era un enxeñeiro que lle propuxo viaxar a Buenos Aires.
Nos comezos da 2ª guerra mundial, Ladislao, de orixe xudea, fuxiu primeiro a París escapando dos nazis, pero en 1940 lembrouse da oferta dalquel home, que non era outro que o presidente arxentino. Deste xeito cruzou o Atlántico co seu amigo Juan Jorge Meyne e o seu irmán. Fundou a compañía Biro-Meyne-Biro e creou o seu primerio bolígrafo oficial nun garaxe, que foi nomeado o birome.
Porén, non foi sinxelo. O primeiro intento manchaba e chegou incluso a ofertarse xunto a un vale gratuíto para a tinturaría. Despois os libreiros pensaron en vendelos como xoguetes para nenos. En 1944 a patente pasou de mans arxentinas a norteamericanas e seis anos máis tarde convertiuse en propiedade italiana. Fíxose con ela Marcel Bich, que conseguiu o grosor perfecto de tinta. Deulle o seu nome a este artiluxio mellorado e así naceu o primeiro Bic.
A finais deste século XX e xa metidos no século XXI, chegaron os teclados de ordenador e as pantallas táctiles, que son os novos instrumentos dos que dispoñemos para escribir.