Catulo foi o principal representante desta escola de xoves poetas, que imitaban ós poetas gregos alexandrinos; adoptou deles a elexía e o epigrama, un tipo de poesía moi persoal. Cicerón burlouse deles, chamándolles poetae novi, facendo referencia con este apelativo ó seu afán por introducir novidades na poesía tradicional.
Catulo amósanos como os neotéricos levan a cabo a fusión entre as dúas poesías gregas: imita a lírica de Safo, Anacreonte e, ó mesmo tempo, a dos alexandrinos Calímaco e Filodemo.
Gaio Valerio Catulo naceu en Verona no ano 87 a. C., no seo dunha familia economicamente próspera. Tocoulle vivir nun período axitado para Roma, a época que vai da dictadura de Sila ó inicio da campaña de César en Britania.
Instalouse en Roma pouco despois de cumprir os vinte anos e dedicouse por completo á poesía; ilustra nos seus carmina as etapas do seu sentimento amoroso cara a Lesbia, que en realidade chamábase Clodia, irmá do tribuno Clodio, o máis encarnizado inimigo de Cicerón.
Claudia Metela era dunha familia patricia, a gens “Claudia”. Foi a terceira filla de Apio Claudio Pulcro e Cecilia Metela Baleárica. Clodia naceu no año 97 a.C. Eran tempos de conflictos entre Optimates e Populares, que darían lugar a varias guerras civís.
A súa educación estuvo enfocada a ser unha boa matrona. Pero tanto ela como o seu irmán sentíanse moi cerca do pobo e ambos cambiaron os seus nomes por uns máis plebeios: Clodia e Clodio.
Clodia, tras casarse e divorciarse de Lúculo, contraeu matrimonio co seu primo, Quinto Cecilio Metelo Céler. Lonxe de estar sometida ao seu marido, ambos chegaron a un acordo mediante o cal cada un gozaba do seu espazo.
Ela non quería ser tan só unha matrona romana adicada ao fogar, quería vivir a vida e isto conlevou unha mala reputación e mesmo que se lle atribuíse o asasinato do seu marido no 59 a.C.
A súa historia coñecémola gracias aos poemas de Catulo, de quen se converteu en amante e musa cando este foi acollido en casa do cónsul Metelo. Tras a morte de Metelo ao enviuvar, Catulo pensou que ía casar con ela, pero Clodia non quixo e mantuvo relacións con outros homes. O amor de Catulo tornouse en odio e adicóulle mordaces versos, tras os cales se estenderon por Roma constantes infamias e calumnias.
Ademáis de Catulo, tamén Cicerón nos proporciona información sobre Clodia. Este foi inimigo político do seu irmán Clodio e amigo de Celio. Con este último Clodia mantivo unha relación amorosa e, ao finalizala, acusouno de intentar envelenala. Celio foi defendido por Cicerón (Pro Caelio), quen a acusou de seductora e borracha, e argumentou que esta se sentía despeitada porque Celio a abandoara. Ata a acusou de incesto co seu propio irmán. Apodouna como “Clodia, a Medea do Palatino”. Celio gañou o xuízo.
A morte de Clodia Metela é un misterio. Olvidada e tan só inmortalizada por Catulo, foi unha muller moi independente e liberal que se adiantou ao sen tempo e vivíu sen as imposicións que tiñan as demais mulleres. Por isto, sufríu un castigo brutal e é un exemplo da vulnerabilidade das mulleres.
Consérvanse de Catulo 116 poemas dunha enorme variedade en canto ós temas (poesía erótica, sátiras, epigramas, etc.) e á súa extensión.
Poderían clasificarse en tres grupos de acordo cos motivos que os inspiran:
So os máis extensos, de inspiración alexandrina.
O chamado Epitalamio de Tetis e Peleo, un poema de 408 versos, no que narra a lenda de Teseo e resalta o abandono de Ariadna.
A cabeleira de Berenice, poema plaxiado de Calímaco, no que se imaxina a transformación dos cabelos da raíña de Exipto en cometa.
O poema Atis, no que describe o delirio dos sacerdotes de Cibeles.
Neles lanza invectivas contra os seus inimigos e critica a sociedade da súa época e mesmo ós políticos. Por exemplo, o carmen 52, no que satiriza a Nonius e Vatinius, amigos de Xulio César:
Quid est, Catulle? Quid moraris emori?
sella in curulei struma Nonius sedet,
per consulatum perierat Vatinius.
Quid est, Catulle? Quid moraris emori?
Qué ocorre, Catulo? ¿Por qué dilatas o morrer?
O noxento Nonio senta na sela curul.
Vatinio xura en falso para lograr o consulado.
¿Qué ocorre, Catulo? ¿Por qué dilatas o morrer?
Tratan dos seus sentimentos, de amizade ou amor. Son os máis significativos aqueles que fan referencia á súa relación de amor-odio con Lesbia. Neles pódense seguir as rupturas e reconciliacións, como podemos ver no Carmen 5 e no Carmen 85.
Viuamus, mea Lesbia, atque amemus,
rumoresque senum seueriorum
omnes unius aestimemus assis.
Soles occidere et redire possunt:
nobis, cum semel occidit breuis lux,
nox est perpetua una dormienda.
Odi et amo. quare id faciam, fortasse requiris.
nescio, sed fieri sentio et excrucior.
Da mi basia mille, deinde centum,
dein mille altera, dein secunda centum,
deinde usque altera mille, deinde centum.
Dein, cum milia multa fecerimus,
conturbabimus illa, ne sciamus,
aut nequis malus inuidere possit,
cum tantum sciat esse basiorum.
Non sabemos o momento do seu comezo, pero si o da súa fin, o ano 55 a. C. no que escribiu o carmen 11:
Qui illius culpa cecidit velut prati
ultimi flos, praetereunte postquam
tactus aratro est.
O amor que caeu pola súa culpa
coma a flor do último prado,
despois de ser cortada polo arado que pasa.
Lesbia rompeu as súa relación amorosa con Catulo, quen, para esquecela, ou coa escusa de visitar a tumba do seu irmán que morrera en Bitinia, marcha a esta provincia romana como axudante do gobernador.
No carmen 101 pode advertirse a dor que lle produciu a morte do seu irmán.
Multas per gentes et multa per aequora vectus
advenio has miseras, frater, ad inferias
ut te postremo donarem munere mortis (...)
accipe fraterno multum manantia fletu. (...)
Atque in perpetuum, frater, ave atque vale.
Conducido a través de moitos pobos e a través de moitos mares,
Cheguei ata estes miserables restos, irmán,
para honrarte coa derradeira ofrenda da morte...,
acéptaa mentres mana abundante o pranto fraterno.
E para sempre, irmán, saúde e adeus.
Morreu ó pouco tempo do seu regreso, no ano 54 a. C., ós trinta anos de idade, despois de terse reconciliado con César, a quen atacara duramente nos seus versos. Como exemplo o seguinte dístico malicioso (carmen 93).
Nil nimium studeo, Caesar, tibi velle placere,
nec scire utrum sis albus an ater homo.
Non desexo en exceso, César, querer agradarte,
nin saber se es un home branco ou negro.
Catulo é, pois, un poeta lírico, que destaca polo seu grado de intensidade e de autenticidade no uso da lingua latina. É o precursor de Horacio e dos poetas elexíacos do século de Augusto; sen dúbida influíu no espírito dos poetas do noso século.
En primeiro lugar, atopamos o simbolismo amoroso nas aves xa dende os versos de Safo de Lesbos. Na escrita de Catulo atopamos exemplos coma este: Gorrión, delicia da miña amada, con quen adoita xogar e ter no seu colo, a quen inquedo adoita dar a xema dos seus dedos e incitalo a dar agudos picotazos. Cando, botándome de menos, lle gusta entregarse a non sei que xoguiño, creo que como descanso da súa dor, cando mingua a súa profunda paixón (Catulo, Carmen 2.1-8, trad. castelán Villalba).
No blues atopamos cantantes como B.B.King, quen fai da muller un colibrí en Hummingbird (“colibrí” en inglés), ou o amor que bota a voar para non volver en Bye bye blackbird interpretada por Joe Cocker e en Bye bye bird de Sonny Boy Williamson II. Tamén con sentido erótico, o que se lle atribúe a Catulo, temos a Taj Mahal e a súa Corinna.
Para Catulo, o namoramento era un pacto entre amor e lealdade (foedus amoris): Ningunha muller pode dicir que foi tan de verdade amada como a miña Lesbia o foi por min. Nunca antes tanta fidelidade houbo nun pacto como a que polo teu amor recibiches da miña parte (Catulo, Carmen 87, trad. castelán Villalba).
Esta idea áchase en letras de blues como as de Can’t believe you wanna leave, interpretada por Johnny Winter.
O amante rexeitado (exclusus amator) de Catulo pasa a sentir odio: o que di unha muller a un amante rendido hai que escribilo sobre o vento e a auga escorregadiza —mulier cupido quod dicit amanti, in vento et rapida scribere oportet aqua (Catulo, Carmen 70, trad. castelán Villalba).
Isto mesmo ocorre en cancións como Mean to me, de Turk & Ahlert, que xoga co dobre significado da voz inglesa mean como o verbo significar e o adxectivo malvada, nun trato tópico da música blues: cantarlle á muller presa do amor e que se desfai cruelmente do seu pretendente.
Catulo, como tamén sucede hoxe en día, realiza a renuntatio amoris: Desditado Catulo, deixa de facer o parvo, e o que ves perdido dao por perdido. (...) Ela xa non te quere; non sexas débil nin a queiras ti tampouco, nin a sigas mentres se vai, nin vivas coma un desditado, senón que aguanta e mantente firme. Adeus, amor, Catulo xa se mantén firme, e non te buscará nin suplicará contra a túa vontade (Catulo, Carmen 8.1-13, trad. cast. Villalba). Aínda que non pode deixar de pensar nela e pregúntase: quen te rondará agora? —quis nunc te adibit?; A quen lle vas parecer fermosa? —qui videberis bella?—; a quen vas amar agora? —quem nunc ambis?—; a quen bicarás? —quem besiabis?—; que beizos morderás agora? —cui labella mordebis?
Exemplos deste sentimento atopámolos no blues en composicións como A fool no more (Nunca máis serei un parvo) de Peter Green ou The thrill has gone de Roy Hawkins.
Por último temos a infidelidade, pois Catulo descóbrenos que así era a súa relación con Lesbia: tampouco Lesbia veu a min da destra do seu pai, a unha casa perfumada de aromas asirios, senón que me concedeu amores furtivos en noites caladas, roubados do regazo mesmo do seu marido. Por iso, teño bastante se me concede a min só o día que mellor lle conveña (Carmen 68B, 141-148, trad. Villalba).
Moitos músicos de blues, como Muddy Waters en You can’t lose what you ain’t never had, trataron tamén esta temática.
Información completa neste artigo do Blog Sit Tibi Terra Levis